Revista Nós, nº 17:

· Cando a pita negra canta coma o galo anuncia unha desgracia. O que hai que facer é matar á pita, e así a desgracia que che ía pasar non che ven, porque así caiche a desgracia sobre a pita.

· Cando os gatos poñen as costas pro lume -> hai inverno pra moito tempo. Cando se lavan -> hai visita cerca.

· Agoiro de morte -> O berro dun corvo (1) ou dunha pega voando por riba do tellado dun enfermo, o laio dun can, ou o tanguido doroso dunha campá.

(1) Murguía fala do corvo como animal sagrado dos Celtas. En certas lendas, acompaña ó Rei Artur. De cote o corvo figurou na ornitomancia (practica común nos celtas) e caseque sempre como de mal agoiro..>>

 


 

Revista Nós, nº 17:

O trasno é o diabo que se adevirte coa xente, sobre todo facéndolles perde-lo camiño cando viaxan de noite. Si os leva por camiños de difuntos é sinal de mal agoiro, pois a persoa que leve ha morrer dentro do ano.
Tamén ha morrer no mesmo tempo o que oi canta-la coruxa ou o moucho tres noites seguidas.


<< A abundancia de estrelas erradías ou o chamado baile de estrelas anuncian funestos acontecementos, sinaladamente guerras. Existe, ademáis, a crenza de que se se olla unha estrela e, ao mesmo tempo, se toca cun dedo o corpo, aparecerá unha espulla na parte sinalada. Unha acción de comporta castigo é contar estrelas, xa que aparecerán no corpo tantas espullas como estrelas se conten. >>

 

Hosted by www.Geocities.ws

1