As terras da fin do mundo

    De seguro, foi profundo o acoro e a pavura que infundiu aos antigos a visión que experimentaron ao chegar a estas terras, lugares nos que só se ollaba un infindábel mar no que se mergullaba o sol, como se o o céano o devorase, ao tempo que se escoitaba un fondo laio, crenza que inda hoxe compartillan algunhas xentes desta   finis terrae.
 
    A lenda da Ara Solis, quizais de orixe grega, refire que o povo caldeo, que adoraba o sol, decidiu un día pescudar o escondrixo do astro durante as horas da noite. Abandonando os seus lugares natais, os caldeos comezaron o seu camiño cara a Occidente. O derradeiro lugar ao que chegaron foi Galiza, onde se decataron de que o mar lles impedía continuar o avanzo, ao mesmo tempo que descubrían que o Sol se asolagaba no océano. Convencidos de que entre as augas pasaba o astro adorado as horas da noite e abraiados perante aquel prodixio, decidiron construír naquelas terras un altar ao que puxeron de nome Ara Solis.
Hai quen afirma que o cáliz e a hostia do escudo de Galiza son unha representación simbólica ou filtrada pola relixión cristiana do sol sobre o ara.
 


Páxina anterior
Páxina Principal
Escribeme!...