Revista Nós, nº 55:

<< Dificilmente se pode estabrecer unha diferencia formal entre cada unha destas individuas. Mailas bruxas teñen certo poder participado do demo pra facer dano; asina, a ollada dunha bruxa pode produci-la estenuación nos nenos e nas persoas maiores, no gando e aínda nos eidos facendo que non dean froito. As meigas curan doenzas mediante certas cerimonias raras. As sabias adiviñan o porvir e os feitos xa pasados e segredos mediante certas cerimonias e con axuda do demo. As feiticeiras son certa sorte de bruxas que dan bebedizos, amuletos, escritos, etc. pra que un poida adquirir o que desexa valéndose diles.

As bruxas saen da casa ás noites e van voando polos aires, montadas no rabo dunha basoira pra se sustraeren á acción da gravedade compre untarse co "cacho", que consiste nunha pomada feita con grasa de porco, polvos de rabo de lagartixa e ósos de difuntos e unto de sapo; despois de misturar estas cousas, din unhas palabras sobre elas e bótanlle beinzóns e con esto o cacoh fica preparado pra ser utilizado.
O cerimonial consiste na chamada media misa que é unha representazón grotesca do sacrifizo da misa.
Cando morre unha bruxa que foi xefe de grupo e polo tanto depositaria do cacho, non vai ó inferno (que pra ela non o é, posto que é amiga do diaño), namentras non atopa a quén darlle o cacho.
As meigas non voan. Curan doenzas e afuxentan os malefizos. Algunhas sabias adiviñan os segredos e as cousas futuras queimando pelo, unllas ou algunha parte do corpo da persoa interesada (...)>>

 


 

Revista Nós, nº 2:



AS BRUXAS

1.- Si o crego deixa o misal aberto do lado dereito as bruxas que entraran na eirexa non poderan saír namentres non o cerre.

2.- Si cando corren as estrelas, se recollen areas do chan, e despois se botan na pía da auga bendita, quedarán tantas bruxas sen poderen saír da eirexa, como areas haxa na pía.

3.- As moscas que hai son traguidas polas bruxas no día de San Xoán.


Revista Nós, nº5

Sobor do libro aberto na eirexa: <<Contan dun cura de San Cristobo (en Caldelas) que fixo eso e quedaron na eirexa unhas cantas mulleres, as que lle fixeron pagar o feito, saíndolle unha vez ó camiño e pegándolle unha tunda.>>

 

Hosted by www.Geocities.ws

1