Revista Nós, nº 55

<<

Os difuntos:


É crenza corrente que cando un individo morre sen ter restituído o roubado ou sen ter feito as honras fúnebres debidas a algún da familia, coma tamén si profanou dalgún xeito os petos das ánemas, cruceiros, etc., ou se tivo a presidenza dunha xuntaza de bruxas,
andivo na estadea (Santa Compaña) ou comeu carne de gato sen serear, e o que morreu sen cumprir algunha promesa; volven a iste mundo despois de mortos e viaxan de noite polos sitios onde cometeron ditos pecados, por onde se debía cumpri-la promesa, ou buscando algún parente ou amigo pra facerlle encárregos que il ha cumprir pra que o morto descanse.
Si o pecado é roubo, restituir; si é presidenza de aquelarre, buscar quen se faga dono de dito cárrego; si é promesa, cumprila no nome do morto (...)

Procesión das ánimas:


Nas noites escuras do inverno e sobre todo no mes de Outono, vense polos camiños que van cara os cemiterios, procesións de pantasmas vestidas de branco, cunhas luces axuadas nas maus, que se dirixen ós pobos, visitaren ós que van morrer axiña. Despois de arrodearen a casa e rezaren varias oraciós, preparan unha procesión de enterro onde non falla incensario, faroles, nin ningunha das insinias que en tales autos se empregan, dirixíndose ó cemiterio onde chegan ó mencer, disolvéndose a comitiva deica a noite seguinte.
A esto chaman Santa Compaña, Estadea ou Procesión de Animas.
Hai que adevirtir que é perigoso tropezar coa dita procesión, porque a quen atopan no camiño, fanlle cargar coa cruz, misión que ten que desempeñar mentras se non encontre outro a quen encambarlla. Pra se librar desto, débese levar allo no bolso ou un corno de escornabois (vacaloura) >>

Hosted by www.Geocities.ws

1