(...) Así
ocorre en Galicia, promontorio da península Ibérica metido
moi alá no oeste e das que os veciños marítimos máis
próximos son os Bretóns e os Irlandeses, no outo lado do
golfo de Gascuña. Os Galegos poida que sexan Españois, no
senso amplo do termo, pero certamente de Casteláns nada de nada.
A súa lingua, que é incontestablemente romance, está
cargada de particularismos que fan dela un idioma á parte, e o nome
que se lle dá a esta lingua é revelador: o galego non é
outra cousa có "galo", gardadas, evidentemente, tódalas proporcións.
E se ben Galicia non é un pais celtófono, é sen embargo
rica nunha tradición oral que nada tén que ver coa de España.
Pola contra, as semellanzas coa Irlanda e coa Bretaña armoricana son evidentes. País de relixión católica romana, Galicia trata os temas célticos con tanta facilidade e de maneira tan feliz coma os outros dous países celtas merullados na mesma dominante católica: a sombra do apóstolo Santiago, o corpo do cal chegou a Galicia, dísenos, nun sepulcro de pedra flotando sobre as augas, non deixa de ter semellanza coa sombra de todos eses santos irlandeses que abordaron as costas en pías de pedra. As noites galegas están poboadas de tantos fantasmas como as noites irlandesas ou bretonas, e a bruxa ("meiga") dos Galegos equivale á bannshee ("a muller dos outeiros" dos Gaeis e a "groac'h" ("meiga", palabra por palabra, "marimacho") que obsesiona a imaxinación dos bretóns armoricanos. E, como en Bretaña, por ben que un desconfíe do demo, non por iso se deixa de xogarlle malas pasadas. Hai aí unha importante comunidade de orixe, e esta non pode ser posta en dúbida. Poul Fetan, 1995.
|
Este texto pertence a introducción do libro "Contos e Lendas dos países celtas" de Jean Markale. Tratarei de ir engadindo algunha das historias galegas incluídas neste libro, xunto cos comentarios e interpretacións que fai o autor.