O CASTRO DE PEDROUZOS

 
    Din que no castro de Pedrouzos hai tres minas ou vigas, unha de ouro, outra de prata e outra de alcatrán; como non se sabe cal é esta, e tocarlle non se pode, pois todo canto hai no arredor se queimaría, non se anda en busca das outras dúas
    Neste castro había tamén un señor encantado, e dunha vez pasou por alí unha muller que daba peito.O encanto, a quen ninguén vía, chamouna para que dera de mamar a un neniño que el tiña e levouna por unha mina moi longa ata unha casa bonitísima. Despois que lle deu de mamar trouxo o señor unha untura e mandoulle á muller que metera nela os dedos e logo que lle untara os ollos ó neno. Fixoo así, mais ela case sen dar conta pasou os dedos por un ollo seu e dende entón vía por el coma os encantos.
    Ó outro día era 27 e foi a muller á feira das Cruces de Sobrado e polo ollo que untara viu ó señor do castro que ninguén máis vía. En vez de calar e de non facer caso, chamouno anque el non lle falaba.
    Ende outro día a muller foi o castro e díxolle o señor:
    -¿Con que ollo me viches na feira?
    Ela mostroulle con cal fora e tiroullo naquel intre..
 
Páxina anterior
Páxina Principal
O que sexa...
Hosted by www.Geocities.ws

1