Sabeliña e os mouros
Un día, unha nena foi pra o monte da Pena
Moura por leña, e víu unhos mozos que lle dixeron:
-Neniña, ven equí.
A nena foi, e collérona e metérona
en unha cova donde a mataron, e despóis metérona na pota.
E despóis a mai chamaba a Sabeliña,
e non arrespondía. E desde dentro da cova, dixéronlle os
mozos:
- Sabeliña, Sabelota,
Sabeliña está na pota.
I a mai marchóuse prá súa casa
chorando pola nena.
Páxina anterior
O que sexa...