ACTA DA ASESORÍA XURÍDICA CELEBRADA O MARTES 14-11-2006

Coa seguinte proposta de orde do día:

 Orde do día

  1. Texto de solicitude de recursos materiais
  2. Normas xerais de funcionamento da Asemblea
  3. Texto para o vicerreitor sobre o magosto
  4. Varios

 
0.      Aprobada a proposta de orde do día sen modificacións

1.      Elabórase o seguinte texto:

 Os abaixo asinantes, vémonos na obriga de facerlles chegar unha serie de deficiencias que de forma reiterada ven presentando a Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, e que moi ao noso pesar, non amosan síntomas aparentes de solución a curto plazo.

            A nosa intención non é presentar un conxunto de demandas carentes de sentido ou con algún tipo de fin interesado. Polo contrario, entendemos que a seguinte lista de recursos materias que observamos como precarios, deficientes ou inexistentes, é compartida pola meirande parte do estudantado da Facultade.

 -         Considermos aportuna a instalación dun sistema de ventilación maís adecuado nas aulas, tal como aire acondicionado, dadas as condicións insoportabeis que provocan as altas temperaturas que sufrimos tanto estudantes como profesores nas horas lecturas.

-         É necesaria a existenza de mesas dunha certa amplitude onde os estudantes podan realizar traballos académicos. Hai que ter en conta que soen ser requeridos numerosos traballos en grupo ao longo do curso. Estas mesas poderían ubicarse en lugares comuns qeu non estan a cumprin nengunha función.

-         No que se refire o aula de informática, resulta inútil a existencia dunha impresora conectada ao computador do bolseiro e nengún máis, non podendo os estudantes imprimir a través dela os seus documentos. Nas faculdades onde se realiza a impresión de texto o fasto en follas corre a conta dos alumnos, polo que en nengún caso habilitar este servizo suporía desperdiciar recurso. Polo tanto, solicítase que o conxunto de computadores do aula de informática esten conectacos á impresora, podendo así os estudantes imprimir os seu traballos. Tamén consideramos necesarió estender o horario do aula os Venres.

-         O Local de Alumnos da nosa facultade é insuficiente para abarcar toda a actividade do estudantado no referente ao asociacionismo, (o cal considermaos especialmente grave nunha facultade de ciencias políticas), por carecer de medios (tales como arquivadores, material informático...) e espazo (sería posibel o seu traslado a unha das aulas do piso superios que non teñen uso).

-         Propoñemos a ubicación dun panel informátivo electrónico á entrada da Facultade, para información de interese para os membros da comunidade universitaria, tal e como existe noutros centros da U.S.C.

-         Creeemos necesaria a instalación de máis postos de estudo/lectura na Facultade dado que son escasos, sobre todo durante o periodo de exames, e considermaos que deberían ser complementados co acceso a unha bibliografía básica de todas as materias.

 

2.      Elaborouse o seguinte documento:

 

- Da natureza da Asemblea:

        A Asamblea é un colectivo que ten coma obxectivo recoller as demandas dos estudantes de ciencias políticas,     determinar posicións conxuntas acerca das mesmas e transmitilas ós órganos de goberno da Universidade ( Xunta de Facultade e Claustro Universitario) e demais institucións. Tamen se ocupara de asesorar e apoiar ó alumnado nos conflictos académicos.

        Non segue nengunha liña política concreta, está aberta a tódalas opinións e non está vencellada a ningún partido, asociación ou sindicato. É un mecanismo de democracia directa.

        Tamen ten coma obxectivo dinamizar o máximo posible a vida da facultade, en particular, e da universidade en xeral, promocionando e apoiando actividades culturais, lúdicas, deportivas

- Dos membros da Asemblea:

         Forma parte da asamblea todo alumno da facultade que acuda a ela. Tódolos alumnos teñen dereito a asistir, falar e votar.

 

- Das votacións:

 

 

- Da comisión organizadora:

 

-         Ao final de cada Asemblea será escollida unha comisión que se encargará da organización da vindeira publicitandoa para o día e hora que se decida na Asemblea.

-         Estará composta por tres membros (un moderará, outro levantará acta e un terceiro actuará como auxiliar.

-         A comisión ten que solicitar un aula publicitando a Asemblea a través de cartaces e da listaxe de correo e de facer unha proposta de orde do día ( que será enviada previamente por correo electrónico).

-         Con caracter de urxencia esta comisión poderá convocar a Asemblea cando o estime necesario

 

- Das comisións permanentes:

-         Asesoría xurídica:

Terá un mínimo de 4 responsabeis
.  Funcionará coma un grupo de traballo aberto (calquer alumno poderá acudir ás sesións de traballo).
   As xuntanzas celebraranse de xeito periódico, deixando a competencia de marcar cal á propia delegación, e serán advertidas con tempo suficiente a          través da listaxe de correo ( e por outros medios se é posibel). 
   
Tódolos textos e accións que faga esta delegación terán que someterse previamente á toma de consideración por parte da Asemblea. Ademais os              responsabeis terán que informar en cada Asemblea da situación na que se atopan as súas funcións.

-         Delegación de Extensión Cultural:

 Un grupo de traballo para a elaboración de proposas a presentar á Asemblea, composta polo menos por 5 responsabeis nomeados e cesados pola Asemblea, que se reunirán periodicamente con ese fin. Estas xuntanzas serán abertas a todólos estudantes e terán que ser publicitadas a través da listaxe de correo e na web da Asemblea con suficiente antelación. As propostas serán levadas á Asemblea para a súa toma en consideración.

O múmero de persoas responsabeis para cada actividades (que serán nomeadas e cesadas pola Asemblea) e as súas funcións terán que vir recollidas na proposta presentada á Asemblea, ainda podendo esta modificar a súa composición.

          Constituese coma unha asociación cultural.

 
-         Delegación de Formación:

    Contará cun mínimo de 3 responsabeis nomeados e cesados pola Asemblea de Estudantes de Ciencias Políticas.                                                                                 
          Os seus responsabeis informarán das súas actividades en cada Asemblea.            
          As xuntanzas desta terán que ser publicitadas a través da listaxe de correo electrónica da Asemblea con tempo suficiente para que poda acudir calquer alumno da facultade que o desexe.                                                                         
          Tódalas súas actuacións públicas terán que ser aprobadas previamente pola Asemblea.

-         Do finanzamento:

Pularase polo autofinanzamento.

3.      Decídese que non elaboraremos este texto por agora por non ter suficientes datos da situación.

4.       Ninguen presenta varios.

 

Hosted by www.Geocities.ws

1