ACTA DA XUNTANZA DA ASESORÍA XURÍDICA DO MARTES 31-10-2006

O pasado Martes 31-10-2006 reuniuse por primeira vez a asesoría xurídica coa seguinte proposta de orde do día:
0. Proposta de orde do día.
1. Organización:            
    1.1. Propostas da asemblea de estudantes para o curso 2006/2007.    
    1.2. Queixas.
2. Denegación de tribunal de corrección a un alumno.
3. Propostas de actuación/Varios

 Acta:
 
0. Apróbase a proposta de orde do día sen modificacións
1. A asesoría xurídica xuntarase un Martes si e un Martes non ás 17:30h no Local de Alumnos con caracter ordinario, e celebrará xuntanzas extraordinarias cando se estime necesario. As convocatorias faranse a través da listaxe de correo electrónico.   
 1.1. Realízase unha selección do recollido en Proposta da asemblea de estudantes de ciencias políticas para o curso 2006/2007, daquelas propostas que estimamos son obxecto do seu desnvolvemento por parte da delegación.         
          Tras isto seleccionanse as que consideramos que responden a necesidades materiais da facultade co fin de elaborar un texto para a recollida de sinaturas a presentar no decanato pedindo que sexan solventadas. O traballo queda distribuido deste xeito: Victor preparará a introducción, Fram o relativo ás mesas de traballo e as necesidades do aula de informática, Dàni sobre o aire acondicionado e o Local de Alumnos, Juan o panel de información e Inhaki sobre os postos de estudo e bibliografía básica.
            Na vindeira xuntanza da asesoría (Martes 14 ás 17:30h no Local de Alumnos) fundiranse nun só texto e prepararase a proposta de campaña a presentar á Asemblea.      
1.2. Un membro da asesoría intentará acudir á delegación de Marketing que se celebra o Luns co fin de transmitirlle que promocione na campaña que esta a preparar o sistema para a axuda nas queixas que quera presentar o estudantado.          
           Plantexase a posibilidade de que a asesoría xurídica cree unha conta de correo electrónico propia, pero estimase que polo momento é mellor que reciba as comunicacións a través da conta da Asemblea [email protected]          
          Fálase sobre que habería que incluir no web da Asemblea unha sección sobre a asesoría na que se incluisen as súas actas , información sobre os dereitos dos estudantes, información sobre o estado das queixas en curso e sobre as campañas que se organicen dende a mesma.
 2. Tribunal: falouse de que facer o respeito da denegación dun tribunal de doble corrección solicitado por un alumno da facultade (en principio a delegación acorda que asuntos de tipo persoal non se incluan en actas públicas mais que unha reseña a cerca do que se tratou, por motivos de intimidade dos afectados e de non anunciar as estratexías que se levarán a cabo).
3. Ninguén presenta ningunha proposta ou varios
Hosted by www.Geocities.ws

1