ACTA DA ASESORÍA XURÍDICA DO DÍA 27-11-2006

- Coa seguinte proposta de orde do día:

 Orde do día

  1. Texto solicitude dun lugar de reunión ao Vicerreitorado de Infraestructuras.
  2. Texto sobre plan Boloña
  3. Texto troco de grupo
  4. Valoración campaña de sinaturas.
  5. Varios.

 

0. Aprobada a proposta de orde do día sen modificacións.

1.  Os asinantes deste documento alumnos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela.

 
Expoñen:

             Que para a celebración das Asembleas de Estudantes de Ciencias Políticas, non temos lugar na Facultade onde poder permanecer reunidos máis alá das 21:30h, o cal imposibilita o normal desenvolvemento das mesmas

 Solicitan:

             Ante esta situación un lugar no Campus Sur (o máis próximo posibel á Facultade de Ciencias Políticas e Sociais) onde poder realizar estas xuntanzas a partir das 21:30h.

 
2. Con respeito ao Plano Boloña a Asemblea de Estudanteas de Ciencias Políticas quere manifestar:

 
·        Que se opón ao desenvolvemento do Plano Boloña mentres non se recollan no devandito plano as necesarias medidas económicas para a adaptación da propia universiadae a esta reforma (medios humanos e materiais).

·        O irrenunciabel incremento das axudas económicas aos estudantes para poder facer fronte ao grande aumento dos custos socio-económicos que suporá esta medida.

·        Que non acepta o impresionante incrimento das taxas de matrícula, nomeadamente no caso dos Posgraos.

·        Que resúltalle intolerabel a reducción de certas carreiras e a eliminación de determinadas ramas de outras.

·        Que esixe un sistema universitario público, galego e de calidade.

 

3. A decana e o vicedecano da Facultade de Ciencias Políticas e Socias, reuníronse cos colectivos estudantis máis activos da citada facultade, co propósito de recadar as súas opinións o respeito da novas normas de troco de grupo. Tras falar dos inconvintes que se observaban ao novo sistema,  a decana relacionou o problema coa falta de asistencia á quenda da tarde, e propuxo a posibilidade de eliminar en vindeiros cursos a quenda da tarde coa idea de poder aumentar a optatividade. Seguindo a conversa arredor deste tema chegou a propoñer un acordo no que se eliminaría a quenda da tarde, mais gardarianse en todo caso as prácticas dun curso para outro, as materias cunha elevada porcentaxe de suspensos terían quenda de tarde (estas coa intención de que os repetidores non saisen perxudicados) e ademais que se compremetería a por en marcha determinadas optativas (concretadas en dito acordo).

 
4. Faise unha valoración moi positiva da campaña de recollida de sinaturas na que se acadaron un total de 176.

 
5. Varios:

·        Como único vario proponse revisar cales son as propostas recollidas en “Propostas da Asemblea para o curso 2006/2007” que faltan por terense desenvolvido e comezar a analizar como facelo, o cal se concretará na seguinte xuntanza o día 12-12-2006 ás 17:30h no Local de Alumnos. Estimanse que son as seguintes:

 

o       Realización de prácticas qeu realmente o sexan.

o       Actualización da web da Facultade.

o       O establecemento dunha reglas xerais de convalidación.

o       Modificación da libre configuración.

o       Maior implicación dos coordenadores Séneca/Erasmus.

o       Prolongación do horario de peche da Biblioteca nos periodos previos aos exames.

o       Reducción de prezos da Escola de Linguas Modernas da U.S.C.

o       Tarxeta que permite o estacionamento de xeito gratuito no campus durante as clases.

o       Reducción das cotas do S.U.R.

o       Convalidación das especialidades da carreira.

Hosted by www.Geocities.ws

1