Demanda de melloras no plano de estudos

  As persoas que asinamos este documento, pretendemos facer unha serie de demandas, que consideramos deber ser tidas en conta para a realización do novo plano de estudos da Lincienciatura de Ciencias Políticas e da Administración na USC.

● Cremos necesaria a introducción non plano de estudos como parte obrigatoria a realización de prácticas en institucións e empresas, a través de acordos entre estas e a Universidade.

● Estimamos imprescindibel un aumento do número de asignaturas optativas que se ofertan neste centro, xa que actualmente é moi limitado, e así mesmo unha ampliación dos horarios nos que ditas asignaturas se ofertan, xa que por mor disto son incompatibeis cos horarios das asignaturas troncais.

● No novo plano deberá recollerse a existencia dunha asignatura optativa sobre o funcionamento do programa informático SPSS, por ser unha ferramenta fundamental para o estudo social.

● Tamén debe recollerse nun novo plano a presenza de asignaturas optativas de idiomas técnicos, fundamentais para certas ramas da carreira. Ademáis considerase que as taxas da escola de linguas modernas son abusivas, polo que pedimos á Xunta de Facultade que avoguen pola reducción destes prezos.

● Consideramos que dende o centro deberiase pular por unha modificación da libre elección, para que realmente cumpla a súa función de  complemento á formación das/os estudantes.

● Esiximos que as autoridades universitarias medien co goberno na elaboración da nova Lei Orgánica de Universidades, para que se teña en conta no título as distintas especialidades que as/os alumnas/os podan cursar.

● É necesaria a creación de taboas de convalidación para alumnas/os procedentes doutras carreiras, que sexan estabeis e permitan deste xeito facilitar o acceso á Licenciatura de Ciencias Políticas e da Administración.
Hosted by www.Geocities.ws

1