CREACIÓN DUNHA DELEGACIÓN DE EXTENSIÓN CULTURAL DA ASEMBLEA DE ESTUDANTES DE CIENCIAS POLÍTICAS
                  
 ”Funcións ou fins”:

 É un instrumento para fomentar o intercambio cultural da comunidade, a través de distintos medios. Teraá como principio reitor a promoción da lingua e cultura galegas.

 

 “Modo de levar a cabo a súa funcións”:

 
 a) Organización de concertos (primando a promoción de grupos noveis).

 b) Concursos culturais, coma literarios, fotograficos...

 c) Encontros lúdicos.

 d) Ciclos de cinema.

 e) E todo tipos de actividades que promovan a cultura.

 

 “Organización”:

       Un grupo de traballo para a elaboración de proposas a presentar á Asemblea, composta polo menos por 5 responsabeis nomeados e cesados pola Asemblea, que se reunirán periodicamente con ese fin. Estas xuntanzas serán abertas a todólos estudantes e terán que ser publicitadas a través da listaxe de correo e na web da Asemblea con suficiente antelación. As propostas serán levadas á Asemblea para a súa toma en consideración.

       O múmero de persoas responsabeis para cada actividades (que serán nomeadas e cesadas pola Asemblea) e as súas funcións terán que vir recollidas na proposta presentada á Asemblea, ainda podendo esta modificar a súa composición.

         Constituese coma unha asociación cultural.

 

“Finanzamento”:

 a) Axudas recibidas polo feito de ser unha asociación cultural.

 b) Diversas subvencións que se podan obter, principalmente os fodos de complemento da facultade.

 c) Os recursos que podan ser xerados pola súa actividade.

 d) As aportacións individuais que voluntariamente se queran facer.

 e) As finanzas desta terán que ser aprobadas pola Asemblea.

 

Hosted by www.Geocities.ws

1