Artesáns galegos do coiro

CASA DO CESTEIRO / Centro de Artesanía Tradicional do Concello de Vigo

Centro de Artesania Tradicional (CAT)
Subida ó Castelo nº 10
36202 Vigo
Tfno: 986 22 07 58 / 986 22 40 03
[email protected]

Texto recollido de http://www.vigo.org/artesania/index_ces.html

GORNICEIROS E ALABARDEIROS (I)

A Herdanza dos Pastores

Moito antes de asentarse nunha poboación fixa e transformarse en agricultores, os seres humanos foron nómadas gandeiros transhumantes. Esta cultura perviviu dunha ou doutra maneira ata os nosos días e con ela as economías e sociedades eminentemente gandeiras. Galicia presenta este perfil e por elo non é estraño que aquí fosen abondosos os aproveitamentos artesáns das peles e coiros de vacas, cabalos, ovellas ou animais de caza. Ata a aparición dos sistemas industriais, o necesario proceso de curtición dos coiros facíase nas tenerías ou pelamios, nun longo e pestilente proceso manual a base de limpa-las peles con coitelos especiais, raspalas, lavalas, e calealas, mergullalas en auga con codias moídas de árbores con alta concentración de taninos, mazalas, engraxalas e secalas. Todo este longo e antigo proceso podía durar máis dun ano e daba como resultado coiros dunha excelente calidade. Aínda hoxe, os artesáns que usan esta materia prima nos seus obradoiros, prefiren os coiros curtidos por procedementos vexetais.


Os Oficios do Coiro na Literatura Popular

O feito de que a producción destes artesáns tivese que ver con obxectos cun certo carácter simbólico como os zapatos, co manexo dos animais ou que foran imprescindibles para outros oficios de carácter itinerante como os arrieiros, fixo xurdir gran cantidade de ditos e coplas relativos ó seu labor.


CANTIGAS

Las mocitas de este pueblo,
yo para mí nos las quiero,
porque gastan mucho lujo,
y yo soy un pobre alabardero.

Os albardeiros de Ourense,
andan de pé polas portas,
se non lle fan boa vida,
salenlle as alabardas tortas.


DITOS

O zapato do amigo, moito pez e ben cosido.

A zapato vello, bigoteira nova.

Para adondar os coiros: os fornos e os lavadoiros.

 

Descarga este artigo

Gorniceiros e Alabardeiros (II) >>

Hosted by www.Geocities.ws

1