Coiro galego / Etnografía
/ Xocas
Texto recollido da obra etnográfica de Xaquín Lorenzo
xocas
| coireiros | peneireiros
| zapateiros |
os mallos | mulidas
albardeiros,
por Xaquín Lorenzo, Xocas
......Os albardeiros,
o mesmo que os zapateiros, utilizan directamente a primeira materia
que lles proporcionan os curtidores: o coiro.
......Teñen ademáis unha chea
de ferramentas comúns, cousa lóxica visto que teñen
que utilizar o mesmo material. Esí atopamos no taller do albardeiro
as coitelas, troquesas, tesoiras, subelas, agullas, martelos, etc.,
idénticos ás que empregan os zapateiros;
a iles compre engadir, coma excrusivo do oficio que tratamos, a agulla
de albardeiro, a tanaza de madeiras e o dedal de manopla.

Albardeiros: tanazas de pau e dedal de manopla
......Os
albardeiros non empregan somentel-o coiro prás súas
obras, senón tamén a arpilleira, o ferro e a madeira, anque
non sempre traballan iles as pezas destas sustancias, senón que
llas dan feitas case sempre os carpinteiros e os ferreiros.
......A obra distes obreiros son as sillas
e as albardas prás cabaleirías con tódolos
seus aditamentos: cabezadas, estribos, alforxas, etc.
......As sillas fanse pouco, non somentes
por seren pouco usadas senón tamén por viren de fora mellores
e máis baratas. Fanse, en troques, moitas albardas dos diferentes
tipos e tamaños que a xente precisa prás súas monturas.
......A
armadura da albarda faise de tea de saco ou arpilleira nos tempos
de hoxe, anque non hai moito faguíase con estopa tecida; énchese
de palla ou serdas e pónselle uns paus polo medio, fueiros, pra
lle dar consistencia, e que, ás veces, sán por detrás.
......Logo,
cóbrese, totalmente ou en parte, con coiro, que se pode adornar
con estrelas feitas con fío de lá roxo, azul ou verde, e
tamén con trenzados de tiras de coiro ou con cravos, grandes e
pequenos, de metal dourado.
......As
albardas adoitan levar un pouco ergueita a parte dianteira, anque
tamén pode ter esí a traseira tamén. Outras presentan
unha parte oca na parte de abaixo e atrás; iste oco pódeo
tamén levar levar no cume, correspondéndose co espiñazo
do animal.
......Pra
facilital-o atado da corda cando se quer cangar algo por riba, unhas albardas
teñen argolas de ferro e outras deixan sobresaír as puntas
dos fueiros.
......A
retranca ou atafal é un conxunto de corres de coiro
que, pasando pola traseira do animal, impide que a albarda se veña
pra diante. Hai atafales máis ou menos luxosos e compricados,
mais todos teñen a mesma estructura.
......A
cincha é unha banda de coiro ou de lenzo forte que suxeta
a albarda pasando darredor dela e do animal. O sistema de atado
das cinchas é moi variado, podendo ser de argola, de febilla,
de gancho, etc.; por outra parte, a cincha pode ir fixa
por un cabo á albarda ou totalmente isolada dela.

cabezada |
cincha e silla
|
estribo
|
albarda
|
alforxa
|
......Os
adornos das monturas, pola súa calidade e polos motivos que empregan,
semellan estaren fortemente infruidos polos productos semellantes doutras
partes da Penínsua, cousa que nada tería de estrano
se consideiramos dous elementos que, en épocas distintas, acudiran
á Galiza e que, dun xeito ou doutro, coñecían as
industrias do coiro: os mozárabes no meioevo e os arrieiros
en tempos aínda preto de nós.
......Os
albardeiros fan tamén alforxas de coiro ou de lenzo,
sinxelas ou labradas e bordadas.
......Anque
non seña obra somentes dos albardeiros, compre sinalar tamén
o feitío de estribos; uns son totalmente de ferro e o albardeiro
somentes lles pón as corres prós dependurar da albarda,
mais outros, os chamados estribos portugueses, son rematados por
istes artífices.
......Os
primeiros son uns ferros en semicírculocunha travesa, tamén
de ferro, pra pousal-o pé.
......Os
portugueses teñen a forma dun zapato sen a parte do talón;
o piso está formado por unha táboa á que se amarra
a parte de coiro que o cobre; abrazando o conxunto leva un ferro cunha
argola, de ferro tamén, por riba pró dependurar. Decóranse
con cravos dourados.
......O
oficio dos albardeiros perdéu moito dende que os nosos fidalgos
deixaron os seus cabalos pra viaxar e preferiron os autos que hoxe percorren
as nosas estradas levando dun sitio pra outro quer a xente, quer o gado.
......Hai
poucos anos que os albardeiros tamén se adicaban a facer fundas
para coitelos e armas, así como carteiras grandes e mochilas de
coiro
.subir..
Se tes máis información deste tema que deba estar aquí,
colabora con nós
.Colabora
con nós, serás benvido. Precisamos da túa experiencia.
[email protected]
|