![]() |
|||||
![]() |
Pelado do coiro |
Coiro galego / Etnografía
/ Xocas
|
Nunha destas pías pónse os pelicos ó remollo en auga pura pra que disolvan o sal os que o teñan e abranden e abranden todos até adequirir a consistencia que teñen ao saír da res. No remollo téñense de catro a oito días se están salgados; se nono están, precisan quince ou vinte, xa que o sal, ó tempo que as conserva, mantenlles unha certa humidade que facilita iste primeiro proceso. |
|
......Logo,
pélanse . Pra isto, van ó caleiro, que é unha pía
con auga na que se bota cal apagado e onde se teñen as pelicas
de dous a catro meses. Durante iste tempo dánselle varios levantes;
sitúase un home á beira da pía e cun gancho
de ferro que tén un mango de madeira, vai erguendo as pelicas,
ganchear, que outros tres collen, dobran pola mitade e deitan por
riba duns paus atravesados por riba da pía contigua,
erguer. Recollidas tódalas peles da pía, póñense
dous homes de cada lado e, provistos de sendas planchas co mangovertical
de sorte que, cando os dun lado ruben, os postos baixan. Esí faise
que o cal non fique depositando no fondo da pía e actúe
millor. Unha vez ben remexida a i-auga, tornan a se metel-as peles, póndolles
os paus cruzados por riba pra que se non ergan.
......Os homes van provistos de calzado de
coiro e polainas do mesmo pra se non mollaren ó faguel-as angueiras
do curtido.
......Ó saíren do caleiro,
onde perden parte do pelo, pélanse pra lles tiral-o restante,
lavándoas denantes en auga limpa.
......Prás pelar, póñense
na táboa de pelar, feita de madeira, coa superficie lixeiramente
convexa e sostida por un cabalete que a mantén máis
ou menos incrinada. A pel ponse por riba dela coa fror ou cara
do pelo pra fora e trabállase co coitelo de pelar, que non
ten fío, mais que abre os poros e fai caíl-a raíz
do pelo. O traballador colle o coitelo coas dúas mans, unha en
cada lado, e vai rañando o coiro.
......Pra se non lixaren, póñense
os homes uns mandiles de coiro que dependuran do pescozo ou cinguen á
cintura e cos que se apoian na táboa.
Xa pelado o coiro, lávase en auga limpa.
......O pelo que o pelico vai perdendo, axúntase
e véndese, ou é directamente empregado polo coireiro pra
esterco, botándoo nas leiras e deixándoo elí até
que apodreza.
......O coiro, pelado e lavado, escárnase,
valéndose de táboas como as de pelar e de
coitelos de escarnar, semellantes ós xa descritos, anque
unha miga máis estreitos, rectos e con fío. Coesta operaciónvánselle
tirando ós coiros as carnes mortas que teña aínda
e faise do mesmo xeito que a de pelar.
......Logo pasan os pelicos á canina
pra lles sacal-o cal que colleron na primeira operación.
......................................................
Segundo o Diccionario de Diccionarios do ILGA,
pelamios:
coiramia. Pelambrera, tenería rudimentaria donde en otros tiempos
se metían las pieles o cueros en el pelambre. En 2006 todavía
existe en Santiago de Compostela el barrio de Pelamios.
casca:
la corteza o CASCA del roble y de otros árboles se usa desde muy
antiguo como curtiente para apelambrar las pieles, por su abundancia en
tanino; y en las pasadas épocas se ordenaba que los CORTIDORES
empleasen CASCA fresca y molida, de dos o tres días, cuidando de
"echar entre cuero y cuero dos dedos de alto de casca". Por
los siglos XV al XVIII había en Galicia muchos molinos movidos
por la fuerza hidráulica para mover la cáscara.
.Colabora
con nós, serás benvido. Precisamos da túa experiencia.
[email protected]