![]() |
|||||||||||
![]() |
|
Coiro galego / Etnografía
/ Xocas
|
......Ó
saíren os coiros da canina, lávanse en auga
limpa e lábranse con coitelos de labrar, coma
os de pelar, anque con fío, e con táboas do
mesmo xeito que as anteriores. |
|
......A seguir, aprímase, pró que se empregan a táboa de aprimar e o coitelo de aprimar. A táboa é de xeito parecido ás outras, anque máis estreita e chaira. O coitelo é ancho, con dou fíos voltos, coma o das raspillas dos carpinteiros, e con dous mangos, un no senso do eixe e outro cruzado.
![]() |
![]() |
![]() |
coitelo de aprimar
|
táboa de aprimar
|
coitelo de escarnar
|
......Coa
aprima sácaselle ó coiro, en forma de virutas, a
carne que lle quede; trabállase, por tanto, pola cara interna ou
carnaz.
......O
que se lle quitou na escarna chámase carnaza basta
e ponse a secar ó sol. Unha vez seca, recóllese en feixes
e véndese pra estrume ou prás fábricas de xelatina.
......Da
aprima obtense a carnaza fina, que se fai secar en marcos
de madeira case rectangular de onde sai en forma de ladrillos que se venden
pra faguer "cola de carpinteiro".
......Co
aprimado vai collendo o coiro todo il o mesmo grosor, pra que non
haxa logo irregularidades.
......Despóis,
volve á canina e sufre outra labra, coa que rematan
as operacións do lavadeiro e pasa o material a outra dependenza
prós traballos da mudanza, que comenzan polo granéu.
......Pró
granéu úsanse tinallas de pedra coma as pías
do lavadeiro, anque dispostas doutro xeito. Ne meio atópase
unha tinalla rectangular que tén no cabo outra pequena coa
que comunica polo fondo. Ós lados da primeira van catro cadradas,
dous de cada banda.
......Nestas
catro é nas que se meten as peles en augaco tanino que ha de curtilas.
......................................................
Segundo o Diccionario de Diccionarios do ILGA,
pelica:
Piel adobada de oveja o carnero, que conserva la lana y se usa
como alfombra o abrigo encima de las ropas de la cama. Badana.
Piel del carnero, cabrito, etc., después de curtida.
Piel de oveja que se pone sobre el colchón para que los niños
pequeños no lo mojen.
pelico:
Pellejo, pelleja, piel de un animal muerto.
.Colabora
con nós, serás benvido. Precisamos da túa experiencia.
[email protected]