Coiro de Galicia / etnografía

Etnografía

Texto recollido de http://www.vigo.org/artesania/index_ces.html

GORNICEIROS E ALABARDEIROS (II)


Os Traballos dos Artesáns do Coiro

O mal cheiro que producían os pelamios polos materiais e substancias que utilizaban nos diferentes procesos de curtición como por exemplo a canina (excrementos de can e galiña), facía que estas instalacións se situaran nas aforas das vilas, como no caso de Allariz ou de Noia; pero a súa presencia significou, polo contrario, un florecemento nesas mesmas poboacións de artesáns relacionados con estes materiais como zapateiros, goarnicioneiros e alabardeiros.

Debuxo de Xocas, Xaquín Lorenzo


Os primeiros podían ser de dúas clases: de portal e de obradoiro. Os de portal non tiñan obradoiro fixo, eran itinerantes, e levaban con eles toda a ferramenta que precisasen para o labor. O común é que se puxesen nun recanto dunha rúa e se adicasen a facer arranxos. Os de obradoiro si tiñan obradoiro, ferramenta máis numerosa e adicábanse á producción propia de zapatos, zocos e botas. No caso dos famosos de Noia, facían unhas botas para os mariñeiros cun cosido especial para que fosen totalmente impermeables.


Boto e vexiga para o leite. Xaquín Lorenzo


Os alabardeiros encargábanse de antender todas as necesidades de equipamento relativas ós traballos cos cabalos, burros, mulas e aínda vacas e ovellas. Dos seus obradoiros que xeralmente dispoñían tamén de tenda, saían cinchas, milfeiras, estribos, pexas, alabardas, selas de montar, estribos, cordas, e un longo etc. As vilas e lugares onde se realizaban feiras de gando contaban cunha abondosa presencia destes artesáns.

Os goarnicioneiros podían facer un pouco de todo, pero a súa producción de alforxas, cinturóns, polainas, equipos para cazadores, etc, fixo que lles fora máis doado adaptarse ós novos usos e gustos dun público máis urbán e a unha época coma a nosa onde xa o transporte e o comercio non precisa das cabalerías.

 

Descarga este artigo

<< Gorniceiros e Alabardeiros (I)

Hosted by www.Geocities.ws

1