![]() |
|||||||||
![]() |
Xaquín Lorenzo, Xocas |
Coiro galego / Etnografía
/ Xocas
|
O Xocas naceu en
Ourense. Historiador, etnógrafo, académico
Xoaquín
Lorenzo pescudou nos oficios, nos inventos e nas palabras da xente
para levar ao máis alto a cultura popular galega. Da súa
obra etnográfica recollemos aqueles capítulos referentes
ao coiro en Galicia. |
![]() |
Xaquín Lorenzo, Xocas, foi o encargado de converter en alta cultura os saberes e oficios populares. Da súa pluma saíron os deseños que habían inmortalizar aparellos e inventos que os galegos usaron durante séculos e o seu labor de estudo foi rigoroso para fixar todo un potencial de coñecemento que arestora, en tempos de desruralización, fanse imprescindíbeis para gardarmos as nosas tradicións. Xaquín Lorenzo
Fernández foi fundador do Museo do Pobo Galego e o seu
primeiro presidente. Neste centro, un dos máis visitados
de Galiza, xorde con esplendor parte do seu traballo de décadas.
O estudo das construcións, dos labores tradicionais, dos
instrumentos, até dos xoguetes, quedará no futuro
grazas ao seu enorme esforzo, á súa vocación
por perpetuar para sempre o camiño andado polos galegos. |
|
Artigos sobre o coiro de Xocas: |
![]() |
Se tes máis información deste tema que deba estar aquí, colabora con nós
.Colabora
con nós, serás benvido. Precisamos da túa experiencia.
[email protected]