![]() |
||||||
![]() |
Xaquín Lorenzo, Xocas |
Coiro galego / Etnografía
/ Xocas
|
Ferramenta dos zapateiros |
|
|
......O instrumental
é moi característico e variado: coitelas de dous
ou tres tamaños pra cortal-o coiro; a chaira pra asental-as
coitelas despóis de afiadas na pedra; o martelo
pra "batel-a sole" e "abarquillala", axudándose
da croia; as subelas, coas que se cose a sole ou
o material por meio do fío dado de pez; despóis
de quetal-a derradeira no lume dun candil de aceite; os coios,
pedriñas pequenas do río pra "batel-as puntadas":
o bicho ou troqueras, tanazas curvas pra estiral-a sole;
a grosa e a escofina pra rematar darredor o piso do calzado;
o martelo pra crval-a sole; a costa, a roleta, o
ferro de vivos, as patas de cabra, a bisagra, e o
pau de escofinal-a goma, pra retocal-as beiras da sole, etc.
......Comprétase a ferramenta coas
tanazas, agullas prá goma, formas, tiraformas,
sacabocados, remachador pra remachal-os ollás e grefe
prós corchetes, estenacilla, compás, bigornia, dedil,
manopla, tirapé, mandil, etc.
......A introdución da goma no calzado
fixo aparecer algún instrumento novo: atal é a agulla
prá goma e a roda pra "esmerilala", roda
feita moitas veces polo mesmo zapateiro.
......O calzado comenzan a faguelo pola parte
de riba. Cortan as pezas de material e colócanas na forma
do grandor preciso; logo, pola beira inferior, suxétanas con cravillos
e, seguidamente, poñen as soles, que cortan, baten,
e abarquillan previamente, coséndoas coa subela.
Despóis, escofinan, pasan os ferros de vivos, a pata
de cabra, etc., e sacan a forma co tiraformas.
......Os zapateiros fan
tamén chancas; lévansellel-os paus e iles poñen,
pola súa man, o resto, isto é, a parte de coiro.
......Pola semellanza que tén co seu
oficio, arrenxan e fan outra chea de cousas de coiro: gobernan albardas,
poñen febillas a tiras de coiro pra faguer cintos, confeccionan
cinchas, etc.
......Os zapateiros de portal levan
a súa ferramenta nun caixón cunha correia que pasan polo
hombreiro e que logo utilizan coma mesa de traballo, son ambulantes.
Se tes máis información deste tema que deba estar aquí, colabora con nós
.Colabora
con nós, serás benvido. Precisamos da túa experiencia.
[email protected]