Coiro galego / Etnografía / zoco

Coiro e madeira, dous materiais nobres da natureza, mestúranse na tradición galega para axudar ao home

o traballo do coiro máis tradicional en Galicia

Partes dun zoco e nomes que recibe
... ¿Qué é un zoco?
......O calzado tradicional de Galicia feito con coiro de becerro e madeira de ameneiro ou vidueiro. Noutras zonas de Galicia coñécese por abarcas, chancas, galocha ou chamancas.

......Hoxe podemos
..... Partes dun zoco

..... A pigoteira é a punteira do zoco, e o reforzo que pode levar no interior é a biqueira ou bigoteira. As puntadas de fío que leva ese reforzo chámanse coirel.

..... A superficie de coiro empregada nun zoco chámase peza, becerro ou empeña. Un zoco pódese facer dunha peza de coiro ou de dúas. Os de dúas tiñan, e teñen, a pigoteira adobiada porque era un calzado para mulleres e rapaces. A pigoteira pode ser recta ou coa forma do empeine do pé.

..... Tireta, veiril, veirón, bira, cerco. Tira delgada de coiro que rodea a parte da peza onde se cravan as puntas que fixan o coiro nun reborde na base de madeira chamado releixó, gargalo, ou xabre.

..... Cerraxe, sola, sol, xostra. Así mesmo, cerraxe = tireta + puntas + sola.

..... A lingüeta é a zomba. Os cordóns pasan polos agulletos, para axusta-lo zoco aos pés. Cando o cordón é de coiro faise dunha peza chamada correal, e o cordón coñécese como courel, mallolo ou amalló.

.....Un remendo no coiro do zoco coñécese como botana, tomba ou zomba, e se o remendo está na pigoteira, entón chámase capelo.

 

..... ¿Cómo se fai?
......Empréganse pel de becerro e madeira de bidueiro ou ameneiro.

..... Conservación

......Hai anos, o coiro dos zocos curtíase decote con sebo ou touciño, proceso coñecido como estupar. Hoxe, para conservalos chega con enzoufalos cunha capa de graxa para coiro que venden nas zapaterías.

......Un zoco é un calzado duro, pero non eterno.

.subir..

Se tes máis información deste tema que deba estar aquí, colabora con nós

.Colabora con nós, serás benvido. Precisamos da túa experiencia.
[email protected]

Hosted by www.Geocities.ws

1