¿Quén somos nós?

Gracias pola túa resposta ao ler esta páxina. Coiro de Galicia facémolo entre dous amigos. Somos simples aficioados a traballar co coiro nas horas de ocio con algúns coñecementos de informática. Creemos que falta información sobre esta actividade en Galicia na internet e tentamos remedialo na medida das nosas posibilidades.

Os contidos son os que podes atopar no menú da web:

    enlaces, información sobre libros, cursos, mostras, plantillas para copiar, mestres, tendas de ferramentas e curtidos;
    a etnografía e a historia do coiro en Galicia;
    foros para dúbidas e debater asuntos relacionados coa marroquinería, de compra-venda de ferramentas, de anuncios dos profesionais;
    cursos online para que os aficonados aprendan as técnicas básicas para comenza-lo traballo, certos trucos, e fomenta-la afición polo coiro;
    un sitio para que os profesionais poidan amosa-lo seu traballo e os interesados poidan velo sen desprazarse á súa tenda;
    e todo aquelo relacionado co coiro que os visitantes e os colaboradores queiran expoñer

De momento temos pouco metido porque facémolo no tempo libre, pero se miras toda a web faste unha idea mellor.

A nosa idea é a de informar, prestar un servicio aos aficionados, sempre sen ánimo de lucro, nen intencións ocultas, nen outros intereses comerciais ou políticos. Sabemos do difícil que é facer isto en Galicia, pero no caso dunha web que nós enchemos de contidos será máis doado.

Un saúdo, Coiro de Galicia

¡Colabora con nós!

E queremos facelo ben, á vosa medida, por iso precisamos da vosa axuda

.Colabora con nós, serás benvido. Precisamos da túa experiencia.
[email protected]

Hosted by www.Geocities.ws

1