Coiro galego / Pergamiños: unha arte medieval
case esquecida

Os libros na Idade Media

por José Antonio Puras Hernández, o derradeiro pergamiñeiro
contactar co pergamiñeiro

Seguindo as mesmas técnicas daqueles tempos e empregando os mesmos tipos de útiles, fixéronse as miniaturas (clasificadas segundo os tipos de libros) ou textos, sobre pergamiño de pelica de año nunha reproducción dun "scriptorium" medieval. Aquí amósanse uns exemplos. Descarga este artigo exposición do último pergamiñeiro en Galicia [300 Kb]

outros traballos deste pergamiñeiro Outros traballos deste pergamiñeiro
técnicas dun pergamiñeiro medieval Técnicas do traballo dun pergamiñeiro na Galicia de hoxe
OUTRAS WEBS DE PERGAMIÑEIROS E DE TÉCNICAS PARA INICIARSE NESTA ARTE OUTRAS WEBS DE PERGAMIÑEIROS E DE TÉCNICAS PARA INICIARSE NESTA ARTE
tipografías medievais Desarga tipografías medievais
(692 KB) / celtas (687 Kb) / gallaecia (60 Kb)

“Os sitios mellor iluminados estaban reservados para os anticuarios, os miniaturistas máis expertos, os rubricantes e os copistas. En cada mesa había todo ó necesario para ilustrar e copiar: cornos con tinta, plumas finas, que algúns monxes estaban afinando con coitelos moi finiños, pedra pómez para alisar o pergamiño, regras para trazar as liñas sobre as que logo se escribiría. Xunto a cada escribente... había un atril sobre o que estaba apoiado o códice que se estaba copiando... E algúns monxes tiñan tintas de ouro e outros cores”.
Umberto Eco. "O nome da rosa"

 

¿QUÉ É O LIBRO?

O libro é lume do corazón
Espello do corpo
Confusión dos vicios
Coroa de prudentes
Diadema de sabios
Fonra de doutores
Vaso cheo de sabedoría
Compañeiro de viaxe
Criado fel
Horto cheo de froitos
Revelador de arcanos
Aclarador de escuridades.
“ Explicit “

Codex miscellaneus. Século XI


Poucas veces un período da historia alcanzou tal forza evocadora e provoca tanto entusiasmo como a Idade Media. E é que a imaxen que nos transmite este tempo é a vez fantástica, máxica e romántica, capaz de emocionar a expertos, aficionados, curiosos e indiferentes ante a literatura, o arte, a relixión, as damas e cabaleiros, os estilos de vida... desta época tan lonxana como as veces familiar para nos po-los moitos productos de todo tipo baseados na Idade Media: cine, literatura, festas... que hoxe atopamos.
Ainda que os dez séculos da Hª que se aplica á Idade Media non foron homoxéneos, sí que houbo unhas constantes neses 1000 anos. Unha delas foi a utilización de manuscritos e códices que tiñan como base un material que procede do pelexo duns poucos animais (sobre todo do año): o pergamiño, que foi, ata a data, o material para escribir mais difundido e utilizado no espacio e no tempo en Occidente. O seu modo de elaboración e moi traballoso, con tarefas minuciosas, estrictas, concedendo o tempo necesario a cada unha delas e con instrumental específico para tal efecto.
Os instrumentos para escribir sobre o pergamiño foron nun principio canas e despois plumas de ave, que debían ser preparadas con absoluto detalle para poder lograr a función requerida tanto na escritura como na miniatura. As tintas coas que escribían sobre o pergamiño eran elaboradas de diversos modos e materiais: tinta negra de fumo, de carbón vexetal, de bacelo moido...; a tinta vermella extraida dalgúns minerais moidos, de plantas... sempre mezcrado con goma arábiga ou clara do ovo como agrutinante.

As tarefas dun copista eran moi sofridas, precisas e con fases moi diferenciadas no seu traballo: deseñar, traza-las liñas e espacios, tipos de letra, centrar, copiar o texto, letra capitular...

Miniaturas e iluminacións nos libros foron cada vez máis apreciados e signo de prestixio para o executor-es pero sobre todo para o posuidor.

 

outros traballos deste pergamiñeiro Outros traballos deste pergamiñeiro
técnicas dun pergamiñeiro medieval Técnicas do traballo dun pergamiñeiro
OUTRAS WEBS DE PERGAMIÑEIROS E DE TÉCNICAS PARA INICIARSE NESTA ARTE PERGAMIÑEIROS E TÉCNICAS
tipografías medievais Desarga tipografías medievais
(692 KB)

 

Perante a Alta Idade Media os libros (códices) foron utilizados case con exclusividade no ámbito eclesial: igrexas, mosterios... Os temas/contidos de que trataban, referíanse a: biblia, liturxia, oracións, comentarios diversos... Eran os propios monxes ou clérigos os que facían e copiaban os textos. Os libros eran moi escasos e para case todos innecesarios e inintelixibles.

Na Baixa Idade Media os códices deixan de ser monopolio do clero tanto na súa elaboración como no uso: aparecen os copistas segrares (gremios) e estacionarios (librerías asociadas as nacentes universidades), aumenta representativa- mente o número de interesados nos libros (estudiantes, administración, profesores, nobres, novos ricos...) así como o número de novos libros


Se tes información sobre este tema e queres amosárnola, colabora con nós

.Colabora con nós, serás benvido. Precisamos da túa experiencia.
[email protected]

Hosted by www.Geocities.ws

1