FERRAMENTAS E USOS / iniciación (I)

José Manuel (Palmeirán)
Texto e debuxos

Instrumentos ou ferramentas máis usuais
e xeito de aplicar algunha delas ao Arte do Coiro

1 Coitelos de media lúa, luneta

Coitelos grandes para corta-lo coiro con folla semicircular que pode ter varias formas. Empréganse para corta-la peza de coiro enteira ou en cortes que non son rectos. É a mellor ferramenta para corta-lo coiro sempre que esté ben afiada cunha pedra de aceite (piedra pizarra, pedra xaponesa).

2 Coitelos de cortar correa e facer tiretas

Sirve para facer tiras de coiro de varios tamaños e lonxitude, con prontitude e perfección. Básicamente é unha cuchilla de doble fío. Comercialízanse de varios tipos podéndose cambia-la cuchilla cando perda fio. Existen coitelos de tiretas para facer cortes circulares.

3 Uñeta

Uso semellante ao da luneta. É unha cuchilla curva e convexa que se emprega para todo tipo de recortes e cortes a pequna escala. Ademáis de cortar fíos, piel e coiro, serve para rebaixar o espesor da peza de coiro a traballar. O seu manexo require certa práctica; é máis doado un accidente de traballo que coa luneta

 

Iniciación (II) »»


¡O teu artigo tamén podería verse nesta páxina!

Comunícanos os teus datos, amósanos o teu traballo, e terás un sitio nesta web.
Hosted by www.Geocities.ws

1