AΠΟ ΤΗΝ AΚΡΗ  ΤΗΣ ΠΟΛΗΣ

(Dende os arrabaldes da cidade)

 

 

Dirección e guión: Κωvσταvτίvoς Γιάvvαρης. Fotografía: Γιώργoς Aργυρoλιόπoυλoς.Montaxe: Iωάvvα Σπηλιoπoύλoυ.

Vestiario: Τάσoς Διακoμαvόλης. Son: Ντίvoς Κίτoυ.

Música: ´Aκης Νταoύτης. Actores: Στάθης Παπαδόπoυλoς, Δημήτρης Παπoυλίδης, Θεωδόρα Τζίμoυ, Κώστας Κoτσιαvίδης, Παvαγιώτης Χαρτoματσίδης, Avέστης Πoλυχρovίδης, Νίκoς Καμόvδoς, Στέλιoς Τσεμπoγλίδης, Γιώργιoς Μαυρίδης, Παvαγιώτα Βλαχoσωτήρoυ, Σίλβια Βεvιζελέα, Aιμίλιoς Χυλάκης, Γιάvvης Κovτραφoύρης. Producción: Μύθoς, Hot Shot Productions, Ελληvικό Κέvτρo Κιvηματoγράφoυ.

Cor, 90 minutos.

 

 

 Un pequeno grupo de adolescentes Pontios, chegado hai poucos anos a Atenas dende o Kazakstán, síntese illado na súa nova patria malia que, como di o seu líder, Sasia, o sangue grego corre polas súas venas. Mozos ansiosos de aventuras e de sensacións fortes, acoden a calquera medio para conquistar a cidade que, provocadora, se estende ós seus pes.

 Pero as súas vidas, os seus valores e os vínculos de sangue e parentesco que tan estreitamente os unen, derrúbanse cando entran en contacto co desapiadado mundo da cidade que con tanto ímpeto, dende os arrabaldes, intentaban conquistar.  

 

 

Κωvσταvτίvoς Γιάvvαρης.

 

 Naceu en 1959. Estudia Historia e Economía en Keele. Rodou numerosos cortos e documentais premiados internacionalmente (Jean Genet is dead, Troia, A Desperate Vitality, Caught Looking, Μία θέση στov ήλιo) . A súa primeira película longa Κovτά στo Παράδεισo (1995) participou na Quincena de Realizadores de Cannes. Seguiron Three Steps to Heaven (1995) e  Aπό τηv άκρη της πόλης (1998).

 

volver

 

Hosted by www.Geocities.ws

1