ΒAΛΚAΝIΖAΤΕΡ

 (Balkanizater) 1996

 

Dirección e guión: Σωτήρης Γκoρίτσας. Fotografía:  Σταμάτης Γιαvvoύλης. Montaxe:  Τάκης Κoυμoυvδoύρoς. Música: Νίκoς Πoτoκάλoγλoυ. Son:  Νίκoς Παπαδημητρίoυ. Vestario:  Avαστασία Aρσέvη. Actores: Θάvoς Γραμμέvoς, Γεράσιμoς Σκιαδαρέσσης, Στέλιoς Μαίvα,  Γιώτα Φέστα. Producción: Ελληvικό Κέvτρo Κιvηματoγράφoυ.

Cor, 92 minutos.

 

 

                       Trátase dunha "road movie" que relata a traxicómica aventura de Fotis e Stavros, amigos e socios nun pequeno e ruinoso negocio que, desesperados, deciden emprender unha viaxe a través dos Balcáns ata Suiza, onde esperan pechar un negocio redondo.

 As súas peripecias, que os enfrontan a personaxes e situacións novidosos nos complexos e sorprendentes Balcáns, van revelando as súas personalidades contrapostas. Unha viaxe iniciática de dous corentóns- adolescentes.

 

Σωτήρης Γκoρίτσας:

 Naceu en Atenas no 1955. Estudiou nesa cidade Ciencias Económicas e Cinematografía en Londres, na International Film School. Ten dirixidos numerosos documentais para a ET-1 (TV pública grega) para os programas "A ERT na Grecia

Setentrional" e "Periscopio". Traballou tamén en publicidade.

A súa  filmografía inclúe os seguintes títulos: Κάπoιoς ξαγρυvά (Alguén vela, 1987), para a televisión, Δέσπoιvα (1990), película para a pequena pantalla premiada no Festival de Tesalónica e 11 premio nacional do Ministerio de Cultura, Aπ´ τo χιόvι (Dende a neve), seleccionada para participar no Festival de Cannes 1994 e que recibiu os galanos á mellor película no Festival AMIEN, mellor dirección no festival de Troia, Alexandre de Ouro no Festival de Tesalónica (concurso internacional) como mellor película, guión e fotografía.

 

volver

 

Hosted by www.Geocities.ws

1