Dirección: Θόδωρoς
Aγγελόπoυλoς. Guión: Θόδωρoς
Aγγελόπoυλoς, Στράτης
Κάρρας. Montaxe:
Γιώργoς
Τριαvταφύλλoυ. Música:
Λoυκιαvός
Κελαηδόvης. Son: Θαvάσης
Aρβαvίτης. Actores:
Βαγγέλης Καζάv,
Βαλάσσι,
Γιώργoς Δάvης,
Μαρία Χρovoπoύλoυ,
Ηλίας
Σταματίoυ, Aλίκη
Γεωργoύλη, Νίκoς Κoύρoς,
Ευα Καταμαvίδoυ,
Χριστoφoρoς
Νέζερ,
Δημήτρης
Καμβερίδης. Producción: Θόδωρoς
Aγγελόπoυλoς,
Νίκoς
Aγγελόπoυλoς. Cor, 165 min.
O día de Ano Novo de 1976, nunha illa grega, unha partida de
cazadores atopa un corpo soterrado na neve e perfectamente conservado polo
frío. O seu uniforme revela claramente a súa identidade: trátase dun dos milleiros
de partisanos mortos durante a guerra civil. O grupo de cazadores, todos eles
pertencentes á elite do pais, decide desenterralo e comenzar unha investigación
ó respecto.
A película devén unha extraordinaria alegoría acerca da
persistencia do sentimento de culpabilidade na sociedade grega de posguerra:
nunha acertada mestura de metáfora poética e reconstrucción histórica, cada
membro da partida de caza debe dar contas, ante o improvisado féretro do
partisano, da súa actuación no período previo á confrontación civil. Desfilan
ante nós o coronel e a súa muller, o home de negocios, o ex-comisario de
policía, o ex-partisano - hoxe en día
próspero contratista, o político, a actriz de cine que colaborou cos
nazis, o nobre monárquico. Ó final todos eles soñan a súa propia execución a
mans dos partisanos. Nun gris amencer soterran de novo o cadáver e con el os
seus sentimentos de culpabilidade.
Tal e como comenta o propio
director "Os cazadores reflicte o modo no que os gregos da miña xeración
entenden a historia. Trátase, en efecto, dun estudio da conciencia histórica da
burguesía grega: as clases dirixentes do país teñen medo do pasado e por iso o
ignoran. Esta é a premisa da que xurde Os cazadores".