(O destripador
)1956
Dirección: Νίκoς
Κoύvδoυρoς.Guión:
Iάκωβoς
Καμπαvέλλης. Fotografía:
Κώστας
Θεoδωρίδης.Escenografía:
Τάσoς Ζωγράφoς. Montaxe:
Γιώργoς
Τσαoύλης.Música: Μάvoς
Χατζιδάκης. Producción:
Aθηvαική
Κιvηματoγραφική
Εταιρεία.Actores:
Μαργαρίτα Παπαγεωργίoυ,
Ντίvoς Ηλιόπoυλoς,
Γιάvvης Aργύρης,
Θαvάσης Βέγγoς, Avέστης
Βλάχoς, Μαρίκα
Λεκάκη, Θόδωρoς
Avδριακόπoυλoς,
Φρίξoς Νάσoυ.B/N 105 min.
Un anónimo empregado público garda
certo parecido físico cun buscado asasino. Acosado pola lei e recoñecido polo
mundo do crime como un auténtico destripador, o protagonista acaba por asumi-lo
papel que lle atribúen. En realidade non é senón un home corrente abafado polo
caos dunha monstruosa Atenas que non lle ofrece a oportunidade de desenvolve-la
súa personalidade e que acaba por converterse para el nunha verdadeira trampa.
No enrarecido ambiente nocturno do cabaré onde se traslada a acción, a ficción
confúndese coa realidade.
O mundo que rodea ó heroe
adquire matices kafkianos que reflicten o clima da Grecia logo da confrontación
civil, pero tamén o soño inocente dun home vulgar que, a causa dun terrible
erro, logra alcanzar inmensa popularidade e mesmo o afecto que non tiña. A
película evidencia influencias dun expresionismo salferido pola ironia, e
destila un aire tráxico e, o tempo satírico.
Nikos Koundouros:
Nikos naceu en Agios Nikolaos (Creta) en 1926. Cursou estudios de
pintura e escultura na Facultade de Belas Artes da Universidade de Atenas.
Inaugura a súa carreira coma director con A cidade máxica en 1954, na que o
neorrealismo adquire uns matices de fantasía e conságrase con O destripador en
1956, obra complexa e vangardista. É autor asemade de Os ilegais (1958) O rio
(1960), As pequenas Afroditas (1963), O rostro da Medusa ( 1966), Bortex ( 1971) o documental Os cánticos de
lume (1974) acerca da época da dictadura.