Dirección e guión: Νίκoς
Παπατάκης.Fotografía:
´Aρης Στάυρoυ. Montaxe:
Delphine Desfons. Escenografía: Νίκoς
Μελετόπoυλoς.Música:
Χριστόδoυλoς
Χάλαρης. Vestiario: Νίκoς
Μελετόπoυλoς. Producción:
Ελληvικό Κέvτρo
Κιvηματoγράφoυ. Actores:Áρης
Ρέτσoς,Χρήστoς
Τσάvγας, Ζωζώ
Ζάρπα, Χρήστoς
Βαλαβαvίδης,
Δέσπovα Τoμαζάvη. Cor, 110 minutos.
No ano 1971 Ilias Apostolou, un xove
peleteiro que pasa por momentos difíciles por causa da represión do réxime da
Dictadura, fuxe da súa Castoriá
natal. Leva no peto, coma toda
equipaxe, unha fotografía que atopou na rúa. Instálase en París, na casa do seu
achegado Gerásimos Tziva que, residente en Francia dende 1950, axúdalle a
atopar traballo. Un malentendido con respecto á fotografía constitúe o punto de
partida dunha serie de acontecementos que rematan nun dramático final.
Unha película de gran dureza baseada nunha historia
real. Moi correcta tecnicamente e cuns caracteres moi convincentes.
Excepcionais as interpretacións de
Áρης Ρέτσoς e Χρήστoς
Τσάvγας.
Grego da diáspora nacido en
Adis.-Abeba (Etiopía). Vive e traballa entre Atenas e París, cidade esta na que
promoveu o prestixioso club nocturno de carácter artístico "A rosa
vermella". A súa filmografía inclúe cintas francesas como Os abismos
(1962), que causa conmoción nunha época na que a violencia na pantalla obedece
a unha estricta codificación, Gloria Mundi (1975), que aborda de xeito polémico
o asunto da tortura, e Os equilibristas (1992), e gregas coma Os pastores
(1970) e A fotografía (1986).