Dirección e guión: Μιχάλης
Κακoγιάvvης. Fotografía:
Γιώργoς
Aρβαvίτης.Montaxe:
Μιχάλης
Κακoγιάvvης,
Τάκης Γιαvvόπoυλoς
.Música:Μίκης
Θεoδωράκης.Vestiario:
Διόvυσoς
Φωτόπυλoς.Son:
Μίμης
Κασσιμάτης. Producción:
Ελληvικό Κέvτρo
Κιvηματoγράφoυ.Actores:
Ειρήvη Παππά (Clitemnestra),
Τατιάvα
Παπαμόσχoυ (Ifixenia),
Κώστας Καζάκoς
(Agamenón), Κώστας
Καρράς (Menelao),
Χρίστoς Τσάγκoς
(Ulises), Πάvoς
Μιχαλόπoυλoς (Aquiles),
Δημήτρης Aρώvης
(Calcante). Cor, 125 minutos
Por terceira vez (despois de Electra e As Troianas)
Kakogiannis recorre ó máis
"realista" dos tráxicos gregos, Eurípides. O guión modifica
notablemente os diálogos orixinais - Ifixenia en Aulide acaba sendo simplemente
Ifixenia - pero mantén a súa forza. Sublíñase especialmente o conflicto humano
provocado pola ambición política e a vinganza, o amor materno - magnífica a
interpretación de Irene Papas- e a inocencia da víctima- a novel Papamosjou-,
en tanto a ameazante sombra do destino pecha toda posible saída.
Rodada en escenarios naturais, xunto o mar, a película é unha nova
mostra da consabida mestría do director.
Μιχάλης
Κακoγιάvvης :
Naceu en Ammojosto (Chipre) en
1922. Cursou estudios de Dereito e Arte Dramático en Londres. Tras debutar como
actor e director no teatro británico, estableceuse en Atenas en 1953 e dedicou
a súa vida ó cine. Ten rodado as películas Espertar dominical (1954), Estela
(1955), A rapaza de negro (1956) A derradeira mentira (1958), que o converteron
no primeiro director grego recoñecido internacionalmente. A continuación filmou
Heroica (1960), The Wastrel (1961) e unha
Electra (1962) baseada no orixinal de Eurípides. No 1964 roda Alexis
Zorbas, que consegue tres Oscar e alcanza un gran éxito internacional. Seguiron
as películas O día no que os peixes atoparon a terra firme (1967) e Ifixenia
(1976), o documental Atila 1974 sobre a ocupación turca de Chipre, Doce patria (1986) e a comedia Arriba,
Abaixo e de Lado (1992). O seu derradeiro filme é O xardín das guindas (1999).