Dirección e guión: Κώστας
Φέρρης. Fotografía:
Τάκης
Ζερβoυλάκoς.Montaxe:
Γιάvvα
Σπυρoπoύλoυ.Escenografía:
Μαvώλης
Μαριδάκης. Vestiario:
Μαρία Μαvιάτη. Son:
Μιχάλης
Avδριτσάκης.Música:
Σταύρoς
Ξαρχάκoς. Producción:
Ελληvικό Κέvτρo
Κιvηματoγράφoυ.Actores:
Θέμις Μπαζάκα,
Σωτηρία
Λεovάρδoυ, Νίκoς
Καλoγερόπoυλoς,
Νίκoς
Δημητράτoς. Cor.
A película narra a historia dunha gran intérprete de rembético
dende o seu nacemento en Esmirna en 1955 ata a súa morte en Atenas no 1971.
Κώστας
Φέρρης:
Nace no Cairo en 1935, de orixe grega, chipriota e libanesa.
Reside en Grecia dende 1957 e traballa coma asistente de directores gregos ata
que no ano 1961 comeza a rodar os seus propios filmes. Convértese entón (xunto
con Angelopoulos) nun dos "líderes intelectuais" do cine grego. Logo
do seu exilio en París durante a Dictadura establécese definitivamente en
Grecia.
Rembetiko é un excelente drama
musical dirixido a todo tipo de público. Baséase nunha historia real, a dunha
famosa cantante de rembetiko, e obtivo cinco galardóns no Festival de Cine de
Tesalónica, incluído un premio ex aequo á mellor película. Foi seleccionada
para representar a Grecia no Festival de Cine de Berlín no ano 1984.
Ferris conseguiu trasladar con éxito á pantalla a historia desta
célebre cantante nun dos períodos máis turbulentos da historia de Grecia,
recreando con acerto e autenticidade toda unha época.
As interpretacións no seu
conxunto son moi convincentes, especialmente a de Sotiria Leonardou, que da
vida ó papel da protagonista coa súa variada e compexa gama de fluctuacións
emocionais. Todo unha revelación que obtivo merecidamente o premio á mellor actriz
do festival. Hai que salientar igualmente as interpretacións de Themida Bazaka
e Niko Kalogerópoulo que alcanzaron, respectivamente, os galanos de mellor
actriz e actor secundarios. O resto dos intérpretes secundanos dignamente.
A fotografía de Taki Zerboulakou
é un prodixio de equilibrio, e
logra facer do escenario unha parte máis da trama sen acapara-la historia.
Impresionan de maneira
especial pola súa autenticidade a música e as letras de Stavrou Xarjakou, que
obtivo tamén o respectivo premio.
As restantes facetas técnicas
están ben resoltas.