DÚAS SUXERENCIAS DA GASTRONOMÍA GREGA

 

TZATZIKI

O Tzatziki é un aperitivo típico grego que tamén pode servir para acompañar carnes asadas ou churrasco.

Ingredientes :

-        iogurtes gregos de Danone

-        1 ou 2 pepinos

-        1 ou 2 allos

-        1 cullerada de aceite de oliva extra virxe

-        un chisco de sal

-        eneldo.

Preparación : Pelamos o pepino e relámolo prescindindo da parte interna con pebidas. É fundamental escurrilo moi ben. Relamos tamén o allo. Mesturamos o allo, o pepino e o iogurt grego . Engadimos o  sal e o aceite . Removemos ben e condimentamos con eneldo . Adornamos a mestura cunhas olivas negras . Podemos variar a cantidade de allo e pepino segundo o noso gusto.

MUSAKÁ

                O Musaká é unha especie de lasaña de carne e berenxenas.

Ingredientes :

-         - 1/2 kilo de carne picada de xato e de porco ( ou de cordeiro)

-         - 3 ou 4 tomates pelados e cortados

-         - 2 ou 3 berenxenas grandes

-         - cebola, allo, ourego, sal, pementa e viño branco

-         - bechamel e queixo relado.

Preparación : Cortamos as berenxenas en toradas , enfariñámolas e fritímolas ata que estean ben douradas. Escorrémolas  sobre papel de cociña ben absorbente e reservámolas para despois. Nunha cazola quentamos  aceite de oliva e refogamos  a cebola picada e o allo. Douramos a carne, regámola con  viño branco, engadimos o tomate e sazonamos con ourego e pementa.¡ E non esquezamos o sal!  A cocción será duns 30 minutos ata que vaia consumindo o líquido. Facemos unha salsa bechamel consistente e esparexémoslle o queixo..

  Nunha fonte de forno dispoñemos en capas sucesivas berenxenas e carne para rematar cubrindo o conxunto coa bechamel. No forno prequentado a 180 º C deixamos facer o Musaká durante uns 45 minutos ata que a superficie quede dourada . Sérvese cortado en grandes dados.

 

Hosted by www.Geocities.ws

1