OS XOGOS OLIMPICOS

NA ANTIGÜEDADE

 

Sendo o 2004 ano olímpico, faise obrigado recordar como fóron e en que consistían aqueles primeiros xogos da antiguedade. Así un dos aspectos da vida na antiga Grecia que o home moderno mais admira e comprende mellor, é a importancia que os gregos lle daban a os exercicios físicos, hasta o punto de que pra eles, o home perfecto, a persoa de ben, o “gentelman” non era o hombre culto e bo, senon aquel que xungia as virtudes morais, a beleza e a saude física, e que era como eles dicían “Kalos Kagathós”  hermoso e bo.

 

Os mellores atlétas eran seleccionados pra tomar parte nos concursos e xogos públicos incluidos nas grandes festas relixiosas dos gregos. Caracteristica especial de calquer festividade era a competicion ou “agón”; mais ainda, tratabase de una serie de probas atléticas que comprendian tamén concursos de carácter poético-musical cada vez mais importantes.

 

Cada cidade tíña os seus propios xogos, que celebrabanse en honor de alguna divinidade (As Pantaneas, por exemplo), pero existían tamén competiciós organizadas conxuntamente por varias cidades-estado unidas por lazos de proximidade ou por un culto común. Por riba de todos, destacaban os chamados Xogos Panhelénicos, nos que participaban xentes procedentes de todo o mundo grego. Foron ístes: Os Olímpicos, os mais famosos e importantes, celebrados na honra de Zeus en Olimpia: os Píticos, adicados a Apolo, no santuario de Delfos; os Istmicos, que tíñan lugar en Corintos, na honra de Poseidón e os Nemeos, que celebrabanse no el val de Nemea (Argólida), tamén na honra de Zeus.

 

A oríxe de tales xogos e moi oscura e tratouse de encontra-la nas lendas e contos míticos, nas que interveñen deuses, heroes e vulgares mortais; pero o certo é que os xogos hasta a sua decadencia, conservaron sempre o seu carácter relixioso.

 

Po-lo que as Olimpiadas se refire, poderiamos falar de unhas “Protoolimpiadas” en tempos do mítico rei Oxilio (perto do 1100 a.C.) quen dominou na Élide (noroeste do Peloponeso) e, por tanto, no santuario de Olimpia. No 776 a.C. un rei da Élide, Ifito deu a definitiva organización a os Xogos Olímpicos, ainda que posiblemente, non fixera outra cousa que recuperar una antiga tradicion. Dende entón os Xogos rexironse por un ciclo cronolóxico denominado po-los gregos “pentetérida”; e dicir, celebrabanse cada catro anos, o escomenza-lo quinto. A festa cambiaba de fechas xa que regulabase po-lo ciclo luar de 49-50 meses- e oscilaba entre finales de xullio y primeiros de septembro. A data do 776 a.C. como sabedes, sirviu de base pra fixar una nova era histórica. A partir do seculo IV a.C. xeneralizaríase o cómputo dos anos po-las Olimpiadas –o espacio de catro anos comprendido entre dous de estos Xogos- e en cada un distinguíria o I,II,III e IV ano; así, a batalla de Maratón librouse o III ano da LXXII Olimpiada (ano 490 a.C. según a era actual). A partir do 512 a.C., dez meses dende o comenzo dos Xogos, os heraldos da cidade de Elis (a que Olimpia perteñecia) levaban a noticia, dende as colonias gregas de mar Negro hasta as de España. O mesmo tempo, proclamabase una tregua sagrada “ekekheiria”, en virtude da cal  as hostilidades quedaban suspendidas durante a “hieromenia”, o mes sagrado no que éstes  celebrabanse, circunstancia que aseguraba a todo-los interesados –participantes e espectadores- o acceso  o santuario e a unha tranquila volta a sua casa. Durante as Olimpiadas paralizabanse toda-las actividades e transacciós, e por suposto as guerras se as habia. Calquer violación da paz castigabase severamente. Tucídides na sua Historia das Guerras do Peloponeso (V,49-50) narra cómo os lacedemonios foron excluidos das competicios por quebranta-la tregua.

 

O espírto das Olimpiadas era relixioso e, por tanto, sometidas a una serie de normas, algunas das cales podrían parecernos extrañas, xuzgadas con criterios actuais, entre elas a de ser grego, ciudadan libre, fillo lexítimo y limpo de calquer delito, e ainda que nun principio estaban abertas a todos, as pruebas, na sua maior parte, casi no eran accesibles mais que a os aristócratas e burqueses acomodados. Solo os homes podían asistir as competicios. Permitíase as doncelas circular por alguns dos lugares próximos a ol templo de Zeus, estando prohibida a presencia de mulleres casadas, caa única excepción da sacerdotisa de Deméter Khamine, que podía asistir a as mesmas.

Os concursantes tiñan a obriga de inscribirse con un ano de antelación nun rexistro especial (o “leucoma”), que levaban as autoridades de Elis, debendo permañecer durante dez meses nun ximnasio proximo a o templo de Zeus, entrenandose baixo a supervisión dos especialistas (“aliptas”) co fin de completa-la sua preparación física. Un mes antes da apertura dos Xogos acudian a o altar de Zeus Horkios (protector dos xuramentos) e diante das “helanididas (ou xueces dos gregos),  en  numero de dez, designados por riguroso sorteo, xuraban competir lealmente.

 

Na época de maior esplendor, as probas desenrolabanse o longo dunha seman, estando adicados o primeiro y el derradeiro día a ceremonias relixiosas. En cantoa as competicions deportivas ignorase o número exacto e a orde na que se sucedían: tampouco é fácil establecer comparacions entre marcas da época e as actuais. Entre os participantes habia un orden e unas categorías determinadas, pra evita-las desigualdades físicas.  Nos seus comenzos as probas consistian nunha carreira simple ou de “estadio” (192m). Nas Olimpiadas XIV (724-720 a.C) introduxeronse a carreira dobre ou “diaulos” 348m. E a carreira de fondo 3.85 m. de vinte estadios.  Na XVIII apareceu o “pentathlon” (salto, carrera, lucha lanzamento de disco e de xabalina e puxilato).  Na XXV (680 a.C.) apareceron as probas hípicas, nun principio carreiras de carros. Competian por unha simple rama de olivo, e os vencedores vivían confortablemente, entre a admiracion dos seus conciudadanos, e gozaban de pingües regalías, como eran a exención de impostos e o dereito a manutencion gratuita, e a erección de una estatua, postos de honor no teatro e nas festas relixiosas.

 

O período mais  brilante das Olimpiadas transcurriría entre o século VI e a primeira mitade do V a. C. Posteriormente comenzaron a ser criticadas por alguns dos filósofos que subordinaban a vida do corpo a da alma.  Pese as crecentes detracciones, os Xogos estaban moi arraigados e gozaban de grande pretixio. Na epoca do Gran Alexandro nas capitales dos novos reinos instauraronse Xogos non solo para honra los deuses seon tamen para celebrar festas de reies e xenerales, e finalmente os emperadores romanos e as suas familias.  Tal diversificación, unida a as criticas menosprecio dos intelecuais acabarían precipitando a decadencia dos Xogos. Baixo a dominación romana, estableceronse certámenes poéticos e musicais. Por outra banda o crecente auxe do cristianismo que non veia neles mas que a ocasión de toda clase de orgias e pecados tampouco favoreceu a cuestión. Por se todo eso fora pouco no siglo III a incursión repentina dos barbaros causou daños irreparables en templos e instalacios, ainda que xa entón as Olimpiadas quedaran limitadas a una actividade casi local. No 393 representaronse por última vez e o ano seguinte Teodosio I “o Grande” Seguindo os consellos da xerarquía cristiana, abolíounos definitivamente por telos considerados parte do culto pagano.  Finalmente o emperador Teodosio II ordenou arrasa-lo pouco que se mantiña en pé.

 

VOLVER

Hosted by www.Geocities.ws

1