Dirección: Ντίvoς
Δημόπoυλoς.Guión:
Βαγγέλης
Γκoύφας.Fotografía:
Aρίστειδης
Καρύδης.Actores:
Aλίκη Βoυγιoυκλάκη,
Νίκoς Κoύρκoυλoς,
Βασίλης
Διαμαvτόπoυλoς,
Νότης Περγιάλης,
Ελέvη Ζαφειρίoυ,
Μαργαρίτα
Λαμπρίvoυ, Λίλη Παπαγιάvvη.B/N,
84 minutos.
Marina (Aλίκη
Βoυγιoυκλάκη) é unha rapaza
dunha barriada pobre de Atenas que vive coa súa nai e as súas irmáns. Aínda que
leva anos comprometida, non pode contraer matrimonio ata que o seu noivo case as súas irmáns. Pero un día coñece a
Stefanos e comeza unha dramática historia de amor que debe superar innúmeros
obstáculos.
Melodrama sen grandes pretensións para lucimento da estrela da
época Aλίκη
Βoυγιoυκλάκη.
Ντίvoς
Δημόπoυλoς:
Escritor
e director de cine. Ten escrito numerosos guións e rodado máis de cincuenta
películas: grandes éxitos comerciais como Comunidade hora cero (1965), Concerto
para metralleta (1966), Lume no asfalto (1967); éxitos de crítica como o seu
documental Grecia e o mar (primeiro premio do Festival Europeo de Turín 1976)
ou Os golfiños do Ambracico (rodada en 1993 e baseada nunha novela de éxito do
propio realizador).