Ο  ΘIAΣΟΣ 

(Os comediantes) 1975

 

 

Dirección , guión: Θόδωρoς Aγγελόπoυλoς. Fotografía: Γιώργoς Aρβαvίτης. Escenografía: Μικές Καραπιπέρης. Montaxe:  Τάκης Δαυλόπoυλoς, Γιώργoς Τριαvταφύλλoυ. Música: Λoυκιαvός Κελαηδόvης. Actores: ´Ευα Κoταμαvίδoυ, Aλίκη Γεωργoύλη, Βαγγέλης Καζά, Πέτρoς Ζαρκάδης, Στράτoς Παχής, Μαρία Βασιλείoυ, Γιάvvης Φύριoς, Γρηγόρης Ευαγγελάτoς. Producción: Γιώργιoς Παπαλιός. Cor, 231 minutos.

 

 

  Un fabuloso fresco, cun certo aire brechtiano, que abarca os eventos da historia grega dende a dictadura de Metaxas (1939) ata o goberno dereitista de Papagos (1952). Entre ambos polos figuran  a guerra, a ocupación alemana, o conflicto civil. Unha compañía de comediantes representa en provincias o idilio de aire popular Γκόλφω, en tanto os seus integrantes sofren as conmocións de tan axitado período. O director manexa dun xeito complexo os cambios temporais e teatraliza os sucesos coa historia grega como pano de fondo.

 A película consagrou definitivamente ó seu director e alcanzou numerosos premios, entre eles o Fipresci en Cannes 1975 e o do British Film Institute. Os críticos italianos outorgáronlle o premio á mellor película da década dos 70.   

 

Θόδωρoς Aγγελόπoυλoς.

Nace en Atenas no 1935. Logo de termina-los seus estudios de Dereito e dunha breve estancia en París, interésase polo cine. Exerce de crítico cinematográfico ata que roda o seu primeiro filme Formix Story (1965), inacabado. O xove productor Παπάλιoς financia Avαπαράστασις (Premio de Salónica no 1970), filme novidoso que rompe co conformismo do cine grego da época. As súas seguintes obras Οι μέρες τo 36 (72), Ο θίασoς (75), Οι κυvηγoί (77) son unha vasta triloxía da historia de Grecia na que o director se somerxe na memoria colectiva dos seus compatriotas para extraer unha lección política e social.  Insiste na elección dun pequeno grupo representativo e usa con virtuosismo as posibilidades técnicas dos planos secuenciais, fundindo nun mesmo movemento de cámara diversos compoñentes do relato. Este procedemento poderíao ter conducido á confusión ou ó intelectualismo abstracto se non estivese rexido por unha intelixencia lúcida e unha constante esixencia formal.

 O seu estilo lembra en ocasión certos cánones da traxedia grega, como no seu Ο Μεγαλέξαvδρoς (1981),  fábula moralista e amarga dun bandido xusticeiro que se converte, por intransixencia e radicalismo,  nun tirano megalómano .

  Seguen os seus laureados filmes Ο Μελισσόκoμoς(1986), Τoπίo στηv oμίχλη (1988), Τo μετέωρo βήμα τoυ πελαργoύ (1991), Τo βλέμμα τoυ Οδυσσέα (1995), Μία αιωvιότητα και μία μέρα (1998).

volver

 

Hosted by www.Geocities.ws

1