¡Benvidos!

Gallaecia Consulting é o nome dunha empresa que elaboramos once alumnos da asignatura de Xeografía de Galicia impartida polo profesor Carlos Ferrás Sexto na Universidade de Santiago de Compostela, co propósito de levar a cabo un traballo acerca dos incendios forestais.

Para construír todo o traballo de investigación e desarrollo deste fenómeno, imos diferenciar seis apartados ou gabinetes de traballo onde un grupo de persoas confecciona toda a información para ó final elaborar entre todos un informe xeral acerca do noso tema principal.

Cada grupo, ocuparase dun apartado específico dentro do proceso de traballo, adicarase á busca de información a partir de diferentes fontes e a elaboración de análises que deben conducir á redacción de informes; para coñecer máis de cerca a labor de cada departamento, pulse sobre os gabinetes na marxe esquerda da páxina web.

O obxectivo xeral de Gallaecia Consulting é poder dar a coñecer a tódalas persoas todo o relacionado cos incendios forestais e a importancia que isto ten no mundo actual.

Os obxectivos específicos que perseguimos son:

- investigar o máis amplamente posible toda a información para poder elaborar un informe final completo.

- recollida de opinións de diversos afectados (veciños, estudiantes, políticos, profesionais,…)

- facer unha análise completa en relación a toda a información recollida.

- busca de medidas ou unha visión futurista de solución para os problemas identificados e analizados.

Hosted by www.Geocities.ws

1