Por qué Ido?

O ido é unha lingua planificada criada a principios do s. XX coa idea de solucionar o problema da comunicación internacional. Pero expliquemos mellor o que é iso do problema da comunicación internacional: se eu quero entenderme cun francés terei que estudar francés, se quero entenderme cun alemán terei que estudar igualmente o seu idioma e así sucesivamente, de tal xeito que se quixese entenderme con todos os cidadáns da Unión Europea, necesitaría saber alomenos 20 idiomas diferentes!.

Unha primeira solución sería que todos estudásemos un mesmo idioma, de forma que aparte da nosa lingua mai soubésemos só unha máis; esta sería a lingua auxiliar, a que axudaría a entendernos entre nós. Por diferentes razóns decidiuse que esta lingua fora o inglés, pero, cantos de nós levamos infinidade de anos estudando este idioma e aínda somos incapaces de entender un filme en versión orixinal ou de ler un periódico inglés? Aprender inglés ben require moito tempo e certa predisposición; non sería mellor que esa lingua auxiliar fora outra? Non seria mellor que esa lingua auxiliar fora moito máis fácil de aprender que o inglés ou que calquera outra lingua? Ben, esa lingua existe e é o ido, unha lingua que xurdiu da reforma do esperanto. O ido foi desenvolvido por un equipo de científicos e lingüistas durante varios anos e o resultado foi un idioma que é o mais práctico que se inventara nunca.

Sen dúbida, o ido é máis fácil de aprender que calquera lingua nacional, en apenas un mes de estudo pódense comprender a maior parte dos textos escritos en ido. Compróbeo! Aprenda xa ido e coñecerá a moita xente que comparte este proxecto!.

Descrición xeral da lingua Ido 1

Hosted by www.Geocities.ws