Biblioteca contra a civilización en galego



MANIFESTO DE GREEN ANARQUIST (Londres):

CIVILIZACIÓN É EXPLOTACIÓN

A sociedade de masas é demasiado complexa pra traballar sen especialización. A división especializada do traballo aliénanos uns dos outros e crea unha xerarquía necesaria pra coordinar a producción. A xerarquía divide a sociedade entre os poderosos e os que non teñen poder. Os que non teñen poder son tratados como obxetos pra ser explotados. A explotación por motivos de clase, xénero, etnia e preferencia sxual é intrínseca á sociedade de masas. A sociedade de masas non pode ser reformada. Debe ser reemplazada.

O PEQUENO É FERMOSO

A sociedade de masas ha de ser reemplazada por comunidades o suficientemente pequenas como pra cada un sexa respetado como un individuo autónomo. Nas pequenas comunidades a autodeterminación reemplazaría á xerarquía. Non podes combatir o masivo co masivo. Se os nosos mediios e fins han de ser consistentes, debémonos de organizar en redes de pequenos grupos autónomos pra reemplazar a sociedade de masas.

TERRA OU MORTE

A sociedade de masas aílla a xente da Terra. Controlando os recursos da Terra, o Estado controla a sociedade. Temos que acabar ca nosa dependencia do Estado recuperando a Terra e vivindo de forma autosuficiente. Restaaurando a nosa relación ca Terra socavamos o pensamento xerárquico que a está destruíndo.

REVOLUCIÓN NA PERIFERIA

A sociedade de masas necesita recursos por todo o planeta pra sobrevivir. Os máis explotados por ela son aqueles que traballan a terra no Terceiro Mundo, sólo pra ver como o froito do seu traballo é exportado pra servir ós ricos. Non teñen nada que perder recuperando á terra a costa da sociedade de masas. Cantos menos recursos sexan importados do Terceiro Mundo a sociedade de masa non será capaz de expoñer mercancías neste país. As pequenas comunidades autónomas e autosuficientes serán máis necesarias e fáciles de establecer a medida que o Estado perde o control sobre o resto do planeta.

AUTONOMÍA AGORA

Debemos apoiar a revolución na periferia facendo a nosa propia revolución aquí. Temos que compartir os coñecementos necesarios pra sobrevivir sen o Estado, crear unha cultura de resistencia que nos libere da alienación da sociedade de masas, vivir libres da explotación boikoteando os bancos e as multinacionais, construíndo unha economía alternativa "verdinegra", defendéndonos a nós mesmos e á Terra usando a acción directa contra as bases militares, os laboratorios, os promotores e a industria, contra a explotación e a intolerancia


Textos

TREN SÍ, AVE NON

Cando 2+2 son 4

A Cor Negra do Petróleo

Prestige: A Civilización ó Asalto

CONTRA A ARTIFICIALIZACIÓN, CONTRA A INXEÑERÍA XENÉTICA, OS TRANSXÉNICOS E A NANOBIOTECNOLOXÍA

Anarco-Primitivismo

Chamada ós pobos montañeses do Cantábrico e Pirineos


Web de Entrada



Víctima número

Contador


Unlimited Hosting
Unlimited Space and BandWidth, Free Domain ,Free Site Builder, PHP/MySQL

www.GridHoster.com

1