A Festa
Alá polo 1999 un grupo de veciños de Arantei comezou
a matinar en que os Viños de Arantei deberían ter
unha promoción diferente
á habitualmente se pode recibir nas Festas do Viño
tradicionáis, últimamente máis centrados
nas grandes adegas e nos colleiteiros profesionáis.
Durante anos estiveran notando coma os vendedores que tradicionalmente
ían de porta en porta buscando veciños que lles
vendesen os seus caldos comezaran a desaparecer. Isto para as
nosas xentes é un pequeno problema, xa que estas vendas
supoñían uns cartiños que nunca viñan
mal e que a máis dun lle libraron dun apuro.
Tamén pensaron sobre a data máis indicada para
celebra-la Festa e chegaron á conclusión de que
a data indicada era a mediados de novembro, cando a fermentación
dos viños do ano ven de rematar. Deste xeito, aqueles
que acoden á Festa beben os primeiros viños de
Arantei, o que dado a enorme calidade que atesouran os caldos
desta parroquia,
é todo un privilexio.
Foi así coma nese ano, e case por sorpresa, se celebrou
a I Festa do Viño Novo de Arantei, que pouco a pouco foise
consolidando ata hoxe en día, no que xa obtivo o apoio
do Concello de Salvaterra de Miño, o que é sen
dúbida unha grande noticia con respecto ó seu
futuro.
Sexan pois todos benvidos.