Espondilite Anquilosante Web
Esta páxina é
de tipo persoal e sen ánimo de lucro, que só
tenta dar a coñecer un pouco máis de esta enfermidade
descoñecida para moitas persoas, chamada Espondilite
Anquilosante.
Non é sinxelo sacar
adiante unha web, por iso teño que dar gracias á
miña moza, á miña familia e especialmente
a Fran pola sua inestimable axuda con tódo-los aspectos
do site. Tamén teño que lembrar a aqueles que
me axudaron e axudan a loitar contra esta dolencia, entre
eles os meus médicos. Dedicarlles este traballo e decirlles
a todas estas persoas que gracias a elas unha enfermidade
como a espondilite anquilosante non é a fin de nada,
senón o principio para intentar acadar a felicidade
co que un posúe.
Tamén quero mandar
o meu apoio a todos aqueles que se adentrasen na espondilite
fai pouco tempo. A nosa vida ten certa liberdade de acción,
é ahí onde debemos actuar, abarcando toda esa
marxe que nos deixe. Espérannos días mellores
e peores, pero non debemos afundirnos xamais.
Unha forte aperta e vémonos
no
Foro da Espondilite Anquilosante