Avaliacións
de Riscos:
Na
planificación do Servicio de Prevención da Xunta de Galiza para o ano 2000 tiñan
comprometido a realización das Avaliacións de Riscos dunha primeira fase na
que se atopaban entre outras as residencias de Oleiros, As Rodas, Torrente
Ballester, o Centro Santiago Apóstolo e a Delegación de A Coruña. A agosto do
2001 ainda non convocaron nin aos delegados de Prevención nin ao Comité de
Empresa para facelas. Só, e parcialmente, na Delegación.
O sorprendente é que a instancias da
Inspección de traballo apareceron o 25 de maio cunha presunta avaliación da
Residencia Torrente Ballester. O Cté de empresa aprobou unha proposta da CDIL
de denuncia nos seguintes termos:
Para a
CDIL o motivo de tentar marxinarnos ilegalmente das avaliacións de riscos
responde á conciencia clara de que non imos aceptar unhas avaliacións de trámite.
A pesar da tese “oficial” de que
nos nosos Centros prácticamente non se producen accidentes, sabemos das más
condicións nas que temos que traballar. Rara é a traballadora que non teña
sufrido algunha doencia musculo-esquelética, algunha agresión moral ou física,
algunha situación de estrés ou non se atope “queimada” polo traballo. Só
o feito de traballar a turnos xa é un factor de risco e a posibilidade de contáxios
biolóxicos (tuberculose, ...) é tan evidente coma certa. Algunhas das
instalacións non reunen os requisitos legais mínimos atopándonos con situacións
de calor e humidade esaxeradas. Tantas veces convéncennos de imposibilidade de
traballar en condicións aceptábeis “polas características do posto de
traballo” cando o legal é xusto o contrario, que as características do posto
de traballo non supoñan nin un risco nin unha incomodidade grave para a
traballadora. O persoal laboral interino non é informado nin dos riscos, nin
das medidas de prevención, nin dos bós hábitos de traballo; nin as compañeiras
de máis idade ou sensibilizadas a determinadas condicións, nin sequera as
convalescentes de enfermidades graves ven aliviada a sua carga no traballo senón
é por concesión graciosa das direcciones. Traballar en sotos de terra ou
terrazas sen protección; equipos de protección individual non axeitados
entregados por imposición da Inspección de Traballo e sen explicalo seu
correcto uso e as suas limitacións e perigos; pasar por rampas empinadas ou
plataformas sen barandilla; fachadas con desprendemento de baldosines ou en
risco sen aportar estudios técnicos da sua non peligrosidade; soldar ou pintar
en sotos sen ventilación ou en garaxes perto dos coches, manipular bolsas de
lixo contendo vidros rotos sen protección nen aviso; sofrir o desprendemento do
falso teito na cociña e seguir a cociñar a 2m do recén desprendido sen
consolidalo; tropezóns, esbaróns e queimaduras; agresións físicas (patadas,
mordeduras, puñetazos, cuspe, ...); agresións morais dos asistidos ou
familiares (ameazas leves e graves, insultos, ofensas, falsas acusacións, ...);
conviver e traballar con reformas ou obras sen garantías de ausencia de amianto
nin proteción cara os pós xerados; pinchazos de agullas e cortes; manipulación
de materiais de risco sen coñecemento do que se manipula; presión psicolóxica
e urxencias imposíbeis por parte de xefes e asistidos; sentimento de humillación
por vermos arbitrariamente negados dereitos ou concesión arbitraria dos mesmos;
amiguismo e “devolución de favores” que humillan ao grupo e ainda máis a
quen os recibe; arbitrariedade no trato que chega a concretarse en depresións;
número desproporcionado de cáncros sen explicación nen estudio; movilización
de asistidos inadecuadas por falla de material de axuda ou de persoal; total
falla de previsión para os casos de embarazo e lactancia, non adecuación de
“postos sen risco” e locais axeitados para o descanso da embarazada ou
lactante; falla de control na reincorporación tras accidente ou enfermidade e
de estudio da adecuación ou non do posto á traballadora reincorporada;
accidentes ao ir ou vir do traballo baixo a presión de chegar ao turno ou as
presas por xornadas prolongadas; esforzos multiplicados polas más condicións
do material; presencia de cucarachas e ratóns ... a lista podería seguir e de
feito nos Centros segue.
Tódolos casos
anteriormente citados correspóndense con feitos e situacións que se
deron ou se dan en algún, varios ou tódolos Centros dependentes da delegación
de Sanidade e SS.SS. de A Coruña.
Nos nosos Centros e Residencias a
pregunta non é quén se atopa mal, senón quén non terá algunha doenza ou
secuela. Cando se chega a ter a máis dun 30% dun colectivo por baixa e se segue
a manter que non hai problemas de saude no traballo é que, por algunha razón,
se prefire mirar para outro lado.
Portais
de Prevención:
INSHT
Instituto Nacional de Seguridad e Higiene en el Trabajo; ISTAS- CC.OO.; Memento;
Prevención digital; Prevención
Integral (UPC); Prevention
World; Prevonline; UPC
páxina de prevención; Sicuris
Outras
direccións:
Mobbing: http://usuarios.tripod.es/Blanca/mobbing.htm
Societat Catalana de Seguretat i
Medicina del Treball; Promosat;
Netsarea; Diario
per la Prevenzione; Asociación
para la Prevención de Accidentes; Associao
Brasileira de Expostos ao Amianto; Estadísticas
de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales MTAS; Materiales
sobre salud laboral en la agricultura - NASD; Ponencias
del Congreso sobre Mujer, Trabajo y Salud; Aenor
en linea; The Global
Health Network en castellano; FTP
CICA prevención; OIT-
Centro de información sobre salud laboral; Cancer
Net en Español; FITTEMA
- Fomento de la Innovación y la Transfeeerencia de Tecnología y Empleo
Medioambiental Lume Incendios
Firesafe NFPA
Plans
de continxencia FM Global
Contingencyplanning
Direccións
do INSHT e da Axencia de Bilbao
Instituto
Nacional de Seguridad e Higiene en el Trabajo
Agencia Europea - Página
española de Seguridad y Salud en el Trabajo
Red española de
Seguridad y Salud en el Trabajo
Correo-e: [email protected]