![]() |
|||||
![]() |
Xaquín Lorenzo, Xocas |
Coiro galego / Etnografía
/ Xocas
|
Polo mes de agosto
escomezan as mallas. Pra esta operación
úsanse os mallos. Están formados por dous paus,
un longo, a mangueira, e outro curto, o pírtigo,
articulados antre sí por medio de dúas pezas de coiro,
as casulas, chamada cidoiro a do pírtigo
e carrachola a da mangueira, cosidas con entrecartos
tamén de coiro crú: antre as casulas métese
o atadillo de coiro pra unil-as dúas pezas. Outras veces
as casulas son de ferro e van cravadas. Finalmente, hai mallos
que levan un burato na mangueira e outro no pírtigo
pra pasal-as correas. |
|
Segundo o Diccionario de Diccionarios do ILGA,
mallo:
Tiene cuatro cosas: mangueira, el palo de la mano o vara o mango;
pertego o pértigo, el palo que da el golpe; camisas
o casulas a cada uno de los lazos o asas de cuero crudo que tienen
los dos palos.
Se tes máis información deste tema que deba estar aquí, colabora con nós
.Colabora
con nós, serás benvido. Precisamos da túa experiencia.
[email protected]