Domingo Fontán

 

Páxina de Inicio

Cronoloxía da súa vida

Enciclopedia Galega

Cronoloxía do seu tempo

Os mapas de Galicia

Os seus mapas

Fotografías

Enlaces

Asociación Cultural

Árbore xenealóxica

Portas

ARTIGOS:

 

DATOS DO ARQUIVO PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE PORTAS

Jesús Carro García

(Do traballo SANTA María de PORTAS onde se bautizou Fontán; de Jesús Carro García)

   

É moi reducido. Pode asegurarse que cabe todo nunha arqueta de pequenas dimensións. Os libros máis antigos de Portas son tres: un que comeza o 15 de agosto de 1595 e termina o 4 de febreiro de 1637, e outro que comeza o 15 de decembro de 1785. O de Defuncións, o máis antigo, comeza o 23 de Agosto de 1767 e termina o 21 de marzo de 1811. O de Casamentos comeza o 16 de setembro de 1809 e termina o 30 do mesmo mes de 1861. O de Fábrica, o ano 1809. Hai un Libro de Mandatos, de Misas de fundación, sobre o preito da casa da Peroxa acerca dos límites da parroquia; das Confrarías do Rosario, de San Sebastián, do Santísimo, das Animas, da Virxe do Carme, de San Xoán Bautista, de San Roque e dos Dolores, un de Veredas; oito cadernos de Partidas Sacramentais postas despois que os franceses queimaron os libros parroquiais; un expediente da obra da Igrexa e un caderno con nove follas de papel pertencentes á capela das Animas, etc, etc.

   

A FRANCESADA

Foi esta parroquia víctima tamén das tropas francesas, que invadiron Galicia o año 1809, ó mando do xeneral Soult. Este, deixando a Ney parte de Portugal, pasando por Santiago, Caldas de Reis e Pontevedra. González e Zúñiga, na súa HISTORIA DE PONTEVEDRA, páx. 239, sinala "que no seu tránsito por estes pobos, non fixo outra cousa que levar a todos eles e ós comarcáns a desolación, a fame e a miseria; pois roubando ós paisanos os seus grans, forraxes e gandos, puxo todo o país na maior consternación e tamén excitou entre os seus naturais una alarma xeral".
Tales feitos motivan o que se alcen en contra dos invasores todas as xurisdiccións, entre elas a de Peñaflor e a vila de Caldas de Reis. A loita é cruel. Os franceses castigan duramente os lugares e parroquias que non queren someterse. Testemuña elocuente é o que consignou en o Libro de Defuncións, anos de 1767 a 1811, folio 163, o párroco de entón, coa seguinte advertencia:

"En este presente año de mil ochocientos y nueve, con motivo de las sangrientas guerras que los inhumanos franceses tienen con nuestra España pasaron estos infames a cebar su rabia por todos medios, tomando por uno de ellos la destrución de este Reyno de Galicia, para lo que se han valido de la atrocidad de incendiar los pueblos, iglesias y matar sus havitantes, con particularidad quanto eclesiástico encontrasen. Entre otras muchas parroquias ha tocado a ésta fatal desgracia; pues en la mañana del día nueve de Mayo de dicho año, como perros de rabia han entrado en ella por distintos puntos, poniendo fuego a las casas y frutos, derramando vinos y saqueando quanto havía de ellas, y con tanta ligereza que apenas los vezinos tubieron lugar a reservar su vida, de modo que han muerto muchos, tanto en esta parroquia como en las inmediatas; que en el mismo día han padecido esta ruina, llegando el número de las casas quemadas en esta freguesía a ciento treinta y ocho, poco más o menos, inclusa la Rectoral, en la que con los más interesantes ha perecido porción de Libros, tanto del cura, como de la Yglesia, por haver entrado al fuego en el sitio en donde estaban reservados. Y han sido los tocantes a la Yglesia, los de quentas de la Fábrica, los de la Cofradía del Santísimo Sacramento, los de San Sebastián, o de la Virgen del Rosario, uno de la apuntación de la limosna que se recoge en la capilla de San Juan en el día del santo; todos los de casados; todos los de difuntos, a excepción de éste que principia con la partida de Alberto de Piñeyro, marido de Alberta de Villar, vezino del lugar de Corvello, que se sepultó en veinte e tres del mes de Agosto del año de 1767, siendo cura Dn. Albaro Benito de Rivera; los de Baptizados, excepto también el de uso, que principia con la partida de Andrea, hija de Alberto y Ortigueira y Dominga de Oliveira, su muger, cuia fué bautizada en quinze del mes de Diciembre del año de 1795, firmada de Dn. Joséff Antonio Lorenzo e Alfonsín, teniente cura, siendo Don Gregorio Thadeo Rey, cura propio; y también quedó uno de la Fábrica del año de 1604. Y para que conste en lo sucesivo, como Cura lo advierto e anoto, en doze de Julio de dicho año de mil ochocientos y nueve. Bernardo del Río y Lema (Rubricado)".
Os veciños mortos polos citados franceses foron: Paula Rodríguez, José Antonio Alonso, Martín Magariños, Alberto Martínez, Pedro de Barreira, Manuel Buceta, Gregorio Cachafeiro e María Benita do Rego, que os sepultaron o día 10 do mencionado ano de 1809; e en o 13 e 17 de xuño foron tamén mortos e sepultados Domingo Buceta e Juan de Barreira. (RECUERDOS DA GUERRA DA INDEPENDENCIA.-DEMASIAS DOS INVASORES, por o Bachiller Pérez, "Diario de Galicia", Santiago, 29 de agosto de 1917).
No mesmo citado Libro de Defuncións, 18 de xaneiro de 1810, atópase a partida dun Domingo Fontán, que pola curiosidade copiamos:
"Se hizo la función de entierro de Domingo Fontán, mozo soltero e soldado que era del Regimiento de Santiago, lo que según carta que envió su hermano Andrés, también Militar, con fecha de primero de este mes e año, desda ciudad de Astorga, murió en o mes de Diziembre de 1809, en o Hospital de la ciudad de Lugo, en donde fue enviado desde dicha Astorga para curarse".

 

WEB construída a partir das revistas editadas pola Asociación Cultural DOMINGO FONTÁN

 

 

Hosted by www.Geocities.ws

1