Domingo Fontán

 

Páxina de Inicio

Cronoloxía da súa vida

Enciclopedia Galega

Cronoloxía do seu tempo

Os mapas de Galicia

Os seus mapas

Fotografías

Enlaces

Asociación Cultural

Árbore xenealóxica

Portas

ARTIGOS:

 

Domingo_Fontán

O mapa de Domingo Fontán

Fontán realizou o traballo cartográfico rexional máis importante do século XIX: a Carta Xeométrica de Galicia, a escala 1:100.000 e proxección de Bonne, levantamento apoiado nunha rede xeodésica realizada por el mesmo. Os traballos previos iniciáronse en 1817, determinando, mediante observación astronómica, a posición exacta da Torre do Reloxio da Catedral compostelá, punto central da triangulación que levou a cabo. O mapa consta de 12 follas de 73 x 60 cm. e conta cunha escala en leguas e outra en millas; como orixe das lonxitudes tomábase o meridiano do Real Observatorio de San Fernando. O recoñecemento que lle proporciona esta obra -o orixinal presentouse no 1834- valeulle, por Real Orde, o encargo de redactar as normas para a formación dos planos topográficos das provincias e a carta xeral do Reino, obra que non puido rematar. Así mesmo, Fontán tamén foi autor doutros mapas, como os publicados no "Diccionario Geográfico-Estadístico de España y sus posesiones de Ultramar" de Sebastián Miñano.

 

WEB construída a partir das revistas editadas pola Asociación Cultural DOMINGO FONTÁN

 

 

Hosted by www.Geocities.ws

1