Domingo Fontán

 

Páxina de Inicio

Cronoloxía da súa vida

Enciclopedia Galega

Cronoloxía do seu tempo

Os mapas de Galicia

Os seus mapas

Fotografías

Enlaces

Asociación Cultural

Árbore xenealóxica

Portas

ARTIGOS:

 

Placa conmemorativa

Segundo notas manuscritas de Don Casto Sampedro, gardadas no Museo de Pontevedra, o 20 agosto de 1922, comezaron as xestións para dedicarlle unha placa a Fontán, na súa casa natal de Portadeconde. Así mesmo tamén se fixeron xestións para colocar outra en memoria de Manuel Buceta de Villar, pero ó parecer, non deron co punto exacto do seu nacemento, e optaron colocar dito recordatorio noutra ocasión. En resumen, colocouse a placa de Fontán, pero non a de Buceta.
Foron os iniciadores desta loable iniciativa, el entonces Director da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, Don Casto Sampedro Folgar y Don Joaquín Portela, entusiastas admiradores da obra do cartógrafo galego.
Xa por entonces, segundo lemos nas notas, "Se acordó invitar a los Sres. Jefes de Obras Públicas, de Caminos Provinciales, Montes y Minas, Obras del Puerto y Diputación Provincial de Pontevedra a contribuir con 60 ptas. cada uno para los gastos que se calculan".
Postos en contacto co entonces dono da casa natal de Fontán, Don Ramón Vidal, capelán a la sazón da Cárcere de Caldas, fixéronlle medidas da fachada para colocar alí a placa.
Contribuíron as Deputacións galegas á realización. A de Pontevedra atendendo á solicitude presentada por Don Castro Sampedro e Don Rafael Saenz, contribuíu á subscrición con 250 ptas., segundo acordo do 7 de febreiro de 1926.

Por fin en 1930, procedeuse á solemne inauguración do recordatorio a Fontán. Vexamos as anotacións que ó respecto fixo o Sr. Sampedro:
"A las seis y media de la tarde del 2 de junio se inauguró la lápida dedicada a Don Domingo Fontán en la casa en que nació sita en el lugar de Porta de Conde, n.º 18, Parroquia y Aytuntamiento de Santa María de Portas, Juzgado de Caldas de Reyes".
Foi labrada polo marmorista Don Euloxio Martínez Estévez, baixo a dirección do distinguido Arquitecto provincial, Don Juan Argenti Nabajas.
Colocouse no fronte que da ó camiño xeneral; mide 3,78 ms. de anchura y 2,83 de altura. Está feita en mármore fino de Carrara, e no marco que a encerra e decora empregouse mármore branco - rosado de Alacante.

Di así a inscrición:
D. DOMINGO FONTAN RODRÍGUEZ
Nació en esta casa el 17 de abril de 1788
Fue Dr. en Sagrada Teología y Filosofía, Dr. en Jurisprudencia Catedrático de matemáticas sublimes Individuo de la Real Academia de la Sociedad Geográfica de París, Director del Observatorio Astronómico de Madrid, Caballero de la R. y D. Orden de Carlos III. Diputado a Cortes en varias Legislaturas y autor del Mapa de Galicia.
Murió en Cuntís en 24 de octubre de 1866 y está sepultado no cementerio General de Santiago nicho 51.
Por Iniciativa da Sociedade Arqueolóxica de
Pontevedra secundada polas Excmas. Deputacións
Provinciais de Galicia e polas Xefaturas de Obras
Públicas Camiños da Provincia e Porto de Vigo 1930. Contribuíron á realización do proxecto as Deputacións galegas. Fixéronse fotografías cos parentes do Sr. Fontán que habitan a casa, hoxe propiedade de Don Ramón Vidal, Capelán da Cárcere de Caldas, os cales deron todas as facilidades necesarias ó efecto.
Os principais datos biográficos do homenaxeado constan na lápida, facilitados en boa parte polo Párroco de Noia Don Joaquín Sánchez Vázquez. Só engadiremos algo menos coñecido, pero que contribúe a dar a coñecer máis, a personalidade do ilustre sabio, fillo de Pontevedra.

Na toma de datos para a súa admirable Carta xeográfica de Galicia, procedía coa máis rigorosa exactitude, coa máxima actividade procurando todas as operacións, e sen esquecer os debuxos de monumentos antigos como a Fortaleza e Palacio dos Churruchaos de Pontevedra, vistas de Ribadavia, Ourense u outras partes litografadas, aínda que na súa maior parte se extraviaron. Don Cesáreo Andrade, Axudante que foi de Obras Públicas de Pontevedra, fillo dun dos auxiliares máis intelixentes do Dr. Fontán, así nolo repetiu moitas veces.
A obra fixo esquecer todos os mapas nacionais, estranxeiros anteriores, e serviu, serve hoxe e servirá sempre para os máis a que está destinada; así o declaran todos os técnicos que a utilizan. ¡Lástima grande que os Gobernos non adquiran as pedras litográficas, e que as fagan verificar na parte de Estradas, Parroquias, Concellos, etc.!
Asistiron á inauguración Don José Millán, Don Francisco Portela Pérez, Don Juan Argenti, Don Lorenzo Novás, Don Diego Martínez Estévez e Don Casto Sampedro.
Foi o acto sinxelo e serio.
Nesta mesma carpeta de Castro Sampedro, atopamos o importe da adquisición e colocación da lápida. Os gastos ascenderon, segundo factura firmada o 7 de xuño de 1931 por Don Euloxio Martínez, á cantidade de 870 ptas., pagadas pola Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra.
Tamén por esas datas construirase outra placa en honor do tamén ilustre veciño de Portas, Don Manuel Buceta Villar, famoso militar liberal (extracto biográfico se inclúe na presente páxina Web).

(Revista nº1)

WEB construída a partir das revistas editadas pola Asociación Cultural DOMINGO FONTÁN

 

 

Hosted by www.Geocities.ws

1