Domingo Fontán

 

Páxina de Inicio

Cronoloxía da súa vida

Enciclopedia Galega

Cronoloxía do seu tempo

Os mapas de Galicia

Os seus mapas

Fotografías

Enlaces

Asociación Cultural

Árbore xenealóxica

Portas

ARTIGOS:

 

Biografía que aparece na revista do CP Domingo Fontán, publicada a finais dos anos 70

Naceu Domingo Fontán (ano 1788), no lugar chamado Portadeconde, pertencente ó Concello de Portas, provincia de Pontevedra.
Aínda pode verse hoxe a casa solar da súa familia, na que naceu el. Os seus pais chamábanse Rosendo e Sebastiana.

Reinaba, cando naceu, el terceiro Borbón, Carlos III, quen precisamente ese mesmo ano deu unha instrucción ós correxidores (especie de alcaldes nomeados directamente polo rei) naquel, entre outras cousas, mandáballes vixiar ós mestres de primeiras letras, posto que a ensinanza pública estaba moi descoidada. O mesmo Fontán, na súa etapa política, sendo deputado a cortes, dixo no Parlamento que el tivera na súa infancia un mestre de tan escasas luces, que a duras penas lle ensinou a ler e a escribir. Logo, o propio Fontán, ensinoulle ó mestre algo de contas, que aprendera na casa, cos seus pais.
Non se conserva a partida de bautismo de Domingo Fontán, pois as tropas francesas, durante a Guerra da Independencia, queimaron o arquivo parroquial. Figura, no seu lugar, no Museo de Pontevedra, un documento firmado por un párroco de Portas, unha vez terminada a guerra, no que acredita que Don Domingo Fontán, foi bautizado o mesmo día e ano do seu nacemento: 17 de abril de 1788.
Foi Fontán (segundo uns breves apuntes autobiográficos que redactou poucos anos antes da súa morte) "hijo de padres de no escasa fortunha y sobrino de dos tíos eclesiásticos, cura párroco el uno de ellos na villa de Noya". Quizá se refira a este cando no Parlamento confesa deber a súa educación, nos primeiros anos da súa vida, a un tío sacerdote.
A temperá idade aprendeu inglés e francés; máis tarde latín, na parroquia de Barro.
Moi pouco ou nada, como vedes, podemos dicir da súa infancia, pois non encontramos datos sobre este punto. Votemos, pois, a voar a imaxinación e figurémonos a Domingo Fontán, xogando con outros nenos de Portadeconde por eses campos de Deus, ouro de viñedos baixo a caricia do sol nun día dos primeiros de outono. Todos os nenos, nos primeiros xogos, son iguais, pois a inocencia que define a infancia é sempre a mesma. Nada importa que a época que a el lle tocara vivir fora moi distinta da que vosoutros, cando erades pequenos, coñecestes. Non había tractores nos campos, automóbiles nas estradas, nin radio, nin cine, nin televisión. Incluso os xogos difiren moito dos de entonces; pero a esa idade, non; a esa idade non cambian nunca. A todos os nenos lles gusta correr, saltar, esconderse entre as árbores, mollar os pés na auga (canto máis sucia mellor) sentarse na terra, collela logo a puñados e contemplar, embelesados, cómo se vai deslizando entre os dedos.

Pois todo eso faría Fontán, cando era neno. ¡Quén sabe cantas veces os haberedes sentado na mesma pedra onde el se sentou! ¡Cantas rubistes á mesma árbore! Respirades o mesmo aire, vedes as mesmas cousas, pisades os mesmos camiños.
Domingo Fontán, foi un neno como vosoutros, nin más nin menos. Intelixente e aplicado eso si (tamén vosoutros o sodes), pero cada quen ten un destino que cumprir. El estaba chamado a ser un gran xeógrafo, e a tal fin dedicou toda a súa vontade, todo o seu tesón, todos os seus desvelos. Aínda adolescente, trasladouse a Santiago para matricularse na súa Universidade. Alí doutorouse en Filosofía e Teoloxía Moral, estudiando así mesmo a carreira de Leis.
De alumno, pasados os anos, converteuse en profesor, e así, na solemne apertura do curso 1811-1812, pronunciou a lección inaugural dirixindo a palabra a profesores e alumnos na mesma Universidade, na que el se doutorara en dúas carreiras.
Pouco despois foi nomeado profesor das cátedras de Lóxica y Metafísica, e, ó ano seguinte, da de Matemáticas. Nesta fecha foi así mesmo nomeado presidente da Academia de Filosofía.
A Guerra da Independencia, mentres tanto, terminara. Botado de España Xosé Bonaparte, polos exércitos españois tralas victorias de Arapiles e San Marcial, volveu a España, Fernando VII, que estivera retido en Baiona (Francia), por Napoleón. Fernando VII, aboliu a Constitución de 1812 (de corte liberal) e restaurou o absolutismo. Entonces comezou unha verdadeira persecución dos liberais, da que non se librou Domingo Fontán, ó igual que todo o claustro de profesores da Universidade de Santiago. Pero a Audiencia de Galicia absolveuno dos seus cargos.
Non habería de ser esta a única vez que a envexa e a vileza pretenderon cebarse nel. En dúas ocasións máis foi denunciado valéndose de inxurias e calumnias. O seu elevado prestixio e a súa perfecta conducta lograron que a acción non prosperase.
A título de curiosidade, diremos que era un gran defensor da virtude das augas medicinais. Nun discurso, denunciando os abusos dos médicos dos balnearios, proclamou a súa fe neles, dicindo: "Yo he tomado baños y a ellos debo mí salud". Foi precisamente en "Santa María dos Baños de Cuntis" onde encontrou a morte, a causa dunha cistite (1866). Morreu ós 78 anos de idade. A súa esposa, Dona Manuela Riva, a penas se lle sobreviviu un ano.
Debeu de existir, fai bastante tempo, unha confusión sobre o lugar da morte de Fontán, xa que nun escrito do profesor Filgueira Valverde, datado en 1945, di textualmente: "Murió en Santa María dos Baños de Cuntis, y no en Santiago".
De esta aclaración parece deducirse que algún ou algúns historiadores afirmaban que morrera na cidade do Apóstolo, co que a cuestión, se en efecto existiu, quedou así saldada, xa que no poder do Museo obra a súa partida de defunción, así como a súa esquela mortuoria.
Domingo Fontán, era home sinxelo, como o demostrou en numerosas ocasións. Para realizar o seu mapa de Galicia, recorreu leguas e leguas por sendeiros escarpados, tortuosas corredoiras e desertos montes das catro provincias galegas.
Ía, as máis das veces, montado nun burro e acompañado de dos gardas, sen dúbida por temor ás feras ou para protexerse dun ataque dos salteadores de camiños, que tanto abundaban en aquela época. E por eso, véndoo pasar unha e outra vez tal como escribimos, os aldeáns acostumaban dicir, que o señor Fontán, non necesitaba para o seu traballo, máis que "un anteollos, un compás, un sextante, un par de gardas e un burro".

Preito pola capitalidade da provincia

Foi evidente o protagonismo de Don Domingo Fontán no preito que se suscitou entre Pontevedra e Vigo pola capitalidade da provincia, que ambas cidades se disputaban.
O litixio aumentou. Os contendentes dos dous bandos (chamémoslles así) aducían razóns que non e do caso ponderar agora. Ilustres personaxes competían con floridos discursos e apaixonados artigos nos periódicos da época, sen descoidar os seus manexos e influencias na corte. O paladín da causo en pro de Pontevedra, a voz máis autorizada, foi sen dúbida a de Domingo Fontán. Os seus razoamentos, con unha base histórica e xeográfica cientificamente irrebatible, inclinaron a balanza da Lei a favor de Pontevedra como capital da provincia. O seu mapa de Galicia "Mapa Xeométrica de Galicia", como el lle chamou con non afectada modestia) xogou aquí un decisivo papel.
Con respecto á contenda xerada, e cando aínda non se había resolvido, Domingo Fontán dirixiu ó concello pontevedrés unha carta contendo unha serie de consideracións sobre o que era conveniente facer e non facer con vistas a conservar a capitalidade. Esta carta foi cedida, posteriormente, ó Museo de Pontevedra. Alí pode verse hoxe.
Ben vedes, polo que deixamos escrito, o moito que debe Pontevedra a Domingo Fontán. Pero deixemos que o señor Filgueira fale por nos:
"Pontevedra, más que ningunha otra población de Galicia, tiene unha inmensa deuda con Fontán y se hace honor a sí misma al desear pagarle en moneda de arte. ¡Que las conmemoraciones centenarias de la Carta Xeográfica traigan a este caliente hogar de nuestra historia, al lado de los recuerdos del gran cartógrafo de Galicia, del defensor de los derechos de la ciudad, esa otra memoria aún más evocadora, fiel trasunto de su presencia, lograda por un pincel maestro en la lectura de las almas, espejo de unha vida entregada en bien de la tierra nativa a las nobles tareas del espíritu! Museo de Pontevedra, 3 de diciembre de 1945".
Moi belo debe ser o retrato de Fontán cando en tales termos o gaba. Mágoa que o seu desexo -que sería, sen dúbida, o de todos os pontevedreses- no callaría en realidade, non por razóns de máis peso, senón por ese xogo da política en que os caprichos ou as influencias dos gobernantes de quenda teñen a palabra, alleos a outras consideracións baseadas na eficacia e la prudencia.

A oratoria de Fontán

Fontán non foi só un xeógrafo eminente, un matemático insigne, senón tamén un dos grandes oradores do seu tempo.
Algúns dos seus discursos no Congreso están á altura dos mellores de Castelar, Salmerón e tantos outros da súa época.
Cargados de elocuencia, lonxe de todo verbalismo tan en boga entonces como hoxe, os seus razoamentos, encadeados con todas as leis da lóxica, resultaban irrebatibles. Se a esto se engade o seu nobre empaque, o seu ademán sereno, a súa clara e ben timbrada voz, non pode sorprendernos que os seus discursos se escoitasen na Cámara no más profundo dos silencios.
Hei aquí, como mostra, algúns parágrafos que recollemos dun escrito de Paulino Pedret Casado:
"Añadiré en obsequio de la Universidad de Santiago, de que fui profesor más de veinte años, que no merece la amarga censura con que la calificó el señor Montaos: a lo menos me precio de que allí no enseñé errores".
Naquel mesmo día debateuse no Congreso o tema dos foros. Domingo Fontán levantouse a falar. Non para adular ós poderosos -o asunto prestábase a elo- senón para defender a xusta causa dos humildes, en este caso dos pobres e sufridos campesiños da súa terra vernácula, a la que en centos de ocasiones deu probas do seu amor. E dixo:
"Galicia es un país que no se parece en nada a los demás de España; es un país en donde apenas hay un palmo de terreno que no esté pagando prestaciones y rentas en frutos, en grano, en mano, en gallinas, etc., a los que se llamaban Arzobispo y señor de Santiago, Obispos y señores de Mondoñedo, Lugo, Orense y Tuy, a los que se llamaban Abades de Santiago y Condes de Présaras, es decir, a los que al título de Prelados eclesiásticos reunieron el de señores feudales y jurisdiccionales del país".
A súa etapa de Deputado a Cortes pola provincia de Pontevedra mostra ás claras tanto as súas excepcionais dotes oratorias como a súa extraordinaria capacidade política, que demostrou cumpridamente en multitude de ocasións.
Baste recordar o enxeño e talento usados na defensa de Pontevedra como capital da provincia -sempre dentro da mesura e serenidade que estes actos requiren-, defensa que o éxito máis rotundo coroou para ben da xustiza e da lei, que debe ser en todo momento fiel reflexo daquelo.
Domingo Fontán reúne as tres calidades dun político exemplar: prudencia, acerto e rectitude. Estas tres calidades presidiron sempre a súa actuación pública.
Sen necesidade de recorrer á demagoxia (¡qué lonxe estaba el deses fáciles recursos!). Soubo impor o seu criterio só coa forza da verdade e da xustiza.
A súa sinceridade foi recoñecida como virtude incluso polos seus adversarios de boa fe; non así polos seus inimigos, que non perderon ocasión de ferilo, chegando nos seus rancores ata a inxuria máis aleivosa. ¡Ata tanto alcanzan o odio e a envexa!. Pero o barro non manchou a pureza da súa imaxe pública: ó cabo acertou a ganarse o respecto e a admiración dos mellores.

Portas e a invasión francesa

Cando as tropas napoleónicas invadiron Galicia, en 1809 (recórdese que a Guerra da Independencia comezou o dous de maio de 1808), conta González Zúñiga na "Historia de Pontevedra" que "en su tránsito por estos pueblos no hicieron otra cosa que llevar a todos ellos y a los comarcanos la desolación, el hombre y la miseria; pues robando a los paisanos sus granos, forrajes y ganado, pusieron a todo el país en la mayor consternación, produciendo entre sus naturales una alarma general".
Caldas de Reis e todos os pobos e aldeas limítrofes, incluído Portas, pasado o susto e a sorpresa dos primeiros momentos, reaccionaron con indignación e heroísmo ante os atropelos dos franceses, sentindo arder nos seus corazóns esa inextinguible chama do amor patrio, que se avivou sempre que de defender se trata a terra en que por vez primeira viron a luz.
A loita foi cruenta e longa. Os franceses incendiaban todo aquelo que encontraban ó seu paso. O Arquivo parroquial de Portas, ó igual que outras moitas igrexas e monumentos das inmediacións, foron pasto das chamas, de aquí que non se conserve a partida de bautismo de Domingo Fontán.
Os veciños de Portas que atoparon a morte heroicamente loitando en defensa do seu terruño, de Galicia e de España, foron os que seguen: Paulo Rodríguez, José Antonio Alonso, Martín Magariños, Alberto Martínez, Pedro de Barreiro, Manuel Buños, Gregorio Cachafeiro, Domingo Buceta, Juan de Barreiro.
En Portadeconde, lugar onde naceu Fontán, existía un cruceiro construído ó redor do ano 1800, sen dúbida por descendentes seus: Domingo Fontán (observemos que nome y apelido coinciden cos do noso xenial cartógrafo) e a súa esposa Andrea Oliveira. Dito cruceiro encóntrase actualmente no cemiterio de Portas.
O nome de Domingo Fontán parece ser que debeu prodigarse en Portas, pois no libro de defunción do Arquivo parroquial atópase a partida doutro Domingo Fontán, "mozo solteiro e soldado que era do Rexemento de Santiago...".

Carta Xeométrica de Galicia

A Cartografía tivo en España unha gran tradición. (Recórdese o mapa de Juan de la Cosa que representa todos os países descubertos por Colón na primeira viaxe e que é, por conseguinte, o primeiro de terras de América).
No pasado século abundan en España cartógrafos de renome universal (Coello, Fontán, Bauzá...); empréndese e dáse fin -unha vez fundado o Instituto Oceanográfico (1870)- a unha tarefa importantísima: a confección do gran Mapa Nacional, a escala 1:50.000.
Máis de vinte anos tardou Fontán no trazado da súa Carta de Galicia e once máis haberían de transcorrer ata a súa publicación, por non encontrar bos gravadores en España. O fin un gran artista francés, Bouffard, encargouse de darllo á prensa.
O mapa xa fora presentado á Rexente Dona María Cristina, nai de Isabel II.
A pesares do enorme traballo de Fontán e do tempo invertido nel, a súa obra pasou case inadvertida polos xeógrafos do seu tempo, e aínda dos posteriores. Por exemplo: nun largo estudio sobre os cartógrafos españois publicado nos primeiros anos do século XIX, o seu autor só dedica a Fontán unhas breves liñas. Hei aquí unha das moitas inxustizas da nosa historia patria.
O mapa de Fontán ofrece a novidade de preocuparse pola designación de comarcas e rexións naturais, co que se anticipa ós demais da súa época, conferíndolle unha actualidade da que os outros carecían.
Xa dixemos que foi case descoñecido ou menosprezado polos historiadores e xeógrafos da súa época; non así polos cartógrafos, que se basearon nel para realizar as súas obras. E así, outro eminente confeccionador da carta das provincias galegas: "Todos los mapas contemporáneos suyos, confiesa, al trazar las situaciones y principales detalles de este mapa se han tomado de Don Domingo Fontán, habiéndonos limitado a añadir los planos particulares".
Como vemos, a importancia da obra cume de Fontán, ten unha singular transcendencia, aínda que o silencio culposo unhas veces, a ignorancia outras e a indiferencia as máis, foron as causas de que non se lle recoñecese -non soamente na súa época, senón, o que é máis triste, aínda hoxe-, o seu verdadeiro e xusto mérito.
Pero na Historia, todo o que realmente é digno de recordar para coñecemento de todos, sae inexorablemente a flote un día ou outro; por elo estamos seguros que no seu momento estudiarase a súa obra coa profundidade e a extensión que realmente merece. E se lle recoñecerá o seu valor.

Fontán e o Museo

No Museo de Pontevedra poden verse hoxe os seguintes documentos e obxectos relacionados de algún modo coa vida e obra de Fontán:

-Extracto informativo da partida de bautismo.
-Partida de defunción.
-Esquela mortuoria.
-Sextante utilizado por Fontán para os seus traballos cartográficos.
-Carta autógrafa de Fontán ó Concello pontevedrés.
-Reproducción do retrato de Fontán, firmado por Esquivel. (O orixinal atópase, como xa indicamos, na Universidade de Santiago).
-Miniatura de Dona Manuela Riva, esposa de Fontán.
-Fotografía da casa natal de Fontán, no lugar de Portadoconde (Portas).
Na necrolóxica, noméanse os principais cargos, títulos e honores de Domingo Fontán. Aquí están:
-Cabaleiro da Real e Distinguida Orde de Carlos III.
-Membro da Academia da Historia e da Sociedade de Xeografía de París.
-Ex profesor de Matemáticas da Universidade de Santiago.
-Ex deputado a Cortes e Director xubilado do Observatorio de Madrid.
A miniatura de Manuela Riva, "no Rivas -apunta Filgueira no seu escrito- como por errata aparece ó pé, foi cedida polos señores de Fontán ó Museo de Pontevedra. El "Gonz" que aparece como firma no puido ser identificado; quizais sexa aquel Pedro González Cid que pintaba retratos en Santiago -non consta que foi miniaturista- e que foi premiado na exposición celebrada alá en 1858".
En canto á fotografía da casa natal de Fontán, ofrece a novidade de haberse tomado antes da colocación da lápida que nela figura hoxe. Conserva, pois, o mesmo aspecto que tiña cando Fontán naceu nela.

Clima histórico

O ambiente en que se desenrolou a vida de Domingo Fontán, estivo marcado por unha vertixinosa sucesión de cambios de toda orde alternándose acertos e fracasos políticos, por desgracia máis numerosos estes que aqueles.
O ano seguinte do seu nacemento, tivo lugar en Francia a Revolución (14 de xullo de 1789), que tanto habería de influír nas ideas e na sociedade do seu tempo.
Manuel Godoy, favorito de Carlos IV, seguiu, con respecto á Revolución Francesa, unha política desgraciada, que sintetizaremos deste modo:
Guerra contra Francia, Paz de Basilea, tratado de San Ildefonso e, como consecuencia, as derrotas navais de San Vicente e Trafalgar; acordo de Fontainebleau, que houbo de carrexar a España as tristes xornadas do 2 e do 3 de maio de 1808. Contaba entonces Domingo Fontán, 20 anos de idade.
Caído Godoy, os acontecementos sucédense con rapidez: Guerra da Independencia, Cortes de Cádiz e Constitución de 1812 (primeira promulgada en España), nomeamento de Xosé I Bonaparte como rei dos españois.
Fin da guerra coas victorias de Arapiles, Vitoria e San Marcial. Fuxida de Xosé Bonaparte e regreso de Fernando VII.
Reinado de Fernando VII: Abolición da Constitución de 1812, sublevación de Riego e trienio liberal; invasión dos "Cien Mil Hijos de San Luis", mandados polo Conde de Angulema. Consecuencia: "Década absolutista " (durante este período de cega represión foi cando Domingo Fontán, foi perseguido e procesado acusado de conspirar contra o goberno e a monarquía, pero en todos os casos quedou cumpridamente probada a súa inocencia).
Morto Fernando VII, despois de nomear herdeira da Coroa á súa filla Isabel II, rexenta o trono a súa esposa María Cristina, xa que Isabel era menor de idade.
Durante esta Rexencia estala a Guerra Carlista, que termina co abrazo de Vergara. Fontán presenta, nun solemne acto, o seu mapa de Galicia á Rexente.
Reinado de Isabel II (continuación da Guerra Carlista, fin da Guerra, novos disturbios entre os que sobresae a insurrección de Galicia, iniciada en Lugo polo comandante Solís, guerra contra Marrocos (1859)...
Dous anos antes da Revolución de 1868, que destronou a Isabel II, morreu Fontán en Cuntis, sendo sepultado en Santiago, onde descansan os seus restos mortais.

Na ultima volta do camiño

Nada sabemos dos últimos anos do xeógrafo de Portas no que á súa vida se refire (repetimos que a súa biografía aínda está por facer); pero non é difícil imaxinar que volvese algunha vez ós seus lares. Hai un momento na existencia do home en que as ilusións se apagan para deixar paso á nostalxia e ós recordos: entonces sente unha atracción irresistible cara os lugares en que transcorreu a súa nenez. Espera, en vano, recuperar a súa infancia perdida, atopar a súa verdadeira identidade, rescatar ós seus mortos, sombras xa entre a sombra... Vai en busca de algo, non sabe qué, acaso da súa propia morte.
Retornaría a Portas, sen a menor dúbida; en ocasións, dun xeito real, noutros, só en espírito nesas largas, interminables noites dos vellos. E miraría cos seus ollos cansados de contemplar estrelas, cando a lúa está redonda ou colgada do ceo coma un plátano maduro.
Todo quedaba atrás: alegrías, amarguras, logros, traballos, frustracións, esperanzas... todo era xa unha mesma cousa para el. E algunha vez, alá no máis íntimo da súa mente se preguntaría, quizais, si valera a pena.
Pero si valeu. Domingo Fontán, segue, e seguirá vivindo na memoria de todos. A morte non fixo senón inmortalizar a súa obra e a súa figura.

(Colexio Nacional "Domingo Fontán" - Ano 1981)

 

WEB construída a partir das revistas editadas pola Asociación Cultural DOMINGO FONTÁN

 

 

Hosted by www.Geocities.ws

1