Domingo Fontán

 

Páxina de Inicio

Cronoloxía da súa vida

Enciclopedia Galega

Cronoloxía do seu tempo

Os mapas de Galicia

Os seus mapas

Fotografías

Enlaces

Asociación Cultural

Árbore xenealóxica

Portas

ARTIGOS:

 

 

 

Na Corte e Vila de Madrid

Por Real Orden do 17 de febreiro de 1835, Domingo Fontán foi elixido para o cargo de Director do Observatorio Astronómico de Madrid, fundado a finais do século XVII por Don Salvador Jiménez Coronado, o seu primeiro dirixente. En claustro do 6 de agosto dese mesmo ano, Isabel II nomeou a Fontán Catedrático da Escola de Enxeñeiros Xeógrafos. Xusto premio á súa magna labor da Carta Xeométrica de Galicia, que a finais do anterior ano presentara á Raíña Gobernadora D. María Cristina.

Desde entonces a súa labor docente desenrólase en Madrid, e aquí na Capital tropezaría cos primeiros contratempos en torno ó Observatorio, pois este desde a ocupación francesa (maio de 1808), atopábase totalmente arruinado. A súa rica biblioteca desaparecera, ó igual que parte do material científico.
O recinto do Observatorio servira de aloxamento e arsenal dos exércitos napoleónicos.
A pesar das xestións realizadas ante o Goberno, non conseguiu Fontán o apoio necesario para poñer en funcionamento as instalacións deste magno edificio. A cuestión das Guerras Carlistas, privaba por entonces nos obxectivos políticos, e o observatorio madrileño pasou totalmente a un segundo plano, tanto que o noso cartógrafo non puido tan sequera dar comezo ás clases durante os cinco anos que estivo ó fronte do mesmo.
Co triunfo de Espartero en 1840, a Raíña gobernadora foi derrotada, e Fontán inxustamente viuse envolto na mareada política, sendo deposto do seu cargo de director, e aínda que máis tarde quíxose reparar este agravio, non aceptou volver de novo á dirección do Observatorio.
Domingo Fontán tamén exercitou de político en Madrid. Nas Cortes Constituíntes que se abriron o 17 de outubro de 1836 convocadas polo Goberno presidido por Don Xosé María Calatrava, saíu elixido pola provincia de Pontevedra, da que a capitalidade lle debe moito ó Cartógrafo de Portas.
Representou a Galicia na maioría dos casos a través da provincia pontevedresa. As súas brillantes e sinxelas intervencións demostraron sempre que Fontán era unha persoa envolta no ámbito da honradez. Tratou de que os problemas de Galicia fosen analizados e resoltos desde unhas Cortes, totalmente descoñecedoras - o mal segue nos presentes tempos - das necesidades do Solar de Breogán.

Por todo elo desde 1928, o noso Cartógrafo conta en Madrid cunha rúa. As xestións partiron do Sr. Portela Pérez quen en abril de 1926 expuxo o proxecto ó entonces presidente do Centro Galego, Don Basilio Álvarez, quen acolleu a idea entusiasticamente, promovendo instancia á Alcaldía madrileña co fin de que honrasen a memoria de Don Domingo Fontán.
A finais de dito mes de abril, a Alcaldía de Madrid comunicaba ó Sr. Álvarez de que "dita solicitude figuraba na rolda correspondente das peticións e acordos que esixen con análogos motivos, para ser tida en conta na súa oportunidade cando se proceda á apertura de novas rúas".
Dous anos despois, sendo Alcalde de Madrid Don José Manuel Aristizábal, expídese un Decreto da Alcaldía con data 14 de decembro de 1928, onde á continuación da rúa do Coronel Blanco á de Manuela Torregrosa, no popular Barrio de Salamanca, se lle denomina Rúa de Domingo Fontán, honrando así a capital de España, a memoria dun dos cartógrafos que brillaron na pel de toro.

(Revista nº 1)

 

WEB construída a partir das revistas editadas pola Asociación Cultural DOMINGO FONTÁN

 

 

Hosted by www.Geocities.ws

1