Domingo Fontán

 

Páxina de Inicio

Cronoloxía da súa vida

Enciclopedia Galega

Cronoloxía do seu tempo

Os mapas de Galicia

Os seus mapas

Fotografías

Enlaces

Asociación Cultural

Árbore xenealóxica

Portas

ARTIGOS:

 

MANUEL BUCETA VILLAR

Aínda que nas biografías que sobre Manuel Buceta del Villar existen, se indica que naceu o 15 de abril de 1808, o certo é que naceu un ano antes no lugar do Outeiro (Portas), tal como consta na súa partida bautismal, sendo fillo natural de María Buceta del Villar.
Moi poucos como Manuel Buceta atoparán máis duros obstáculos na súa traxectoria, dado a humilde orixe do seu berce. Como cabo primeiro ingresou nas chamadas Milicias Populares, participando nas Guerras Carlistas como sarxento primeiro, destacándose desde un principio polo seu talante liberal.
A Revolución de 1846 colle a Buceta desempeñando o cargo de comandante da Garda Civil, entrevistándose en Pontevedra co Infante de España Don Henrique María de Borbón.
Da capital do Lérez, e en compañía do xeneral Solís, saíu Buceta con dirección a A Coruña, formando parte da primeira división, integrada polos rexementos provinciais de Xixón e Segovia, un batallón de Infantería de Zamora, unha compañía de "Guías de la Liberdade", 120 carabineiros, 20 cabalos e dúas pezas de artillería.
O levantamento liberal que tan profundo respaldo atopou en Galicia, non conseguiu sen embargo, a súa consolidación. Falaban as armas, non a razón, e a pesar da tenaz resistencia dos seguidores de Solís e de Buceta, o tráxico epílogo de Carral desfixo a gran esperanza dos pobos libres de España.

Solís foi fusilado o 26 de abril, e Buceta fuxiu disfrazado de muller, refuxiándose en Portugal.
Ó ano seguinte, calmadas en parte as turbias augas do espectro político español, vemos de novo a Buceta en Madrid participando nos movementos liberais e populares da capital de España.
É detido o militar galego, tendo de novo que coller o camiño do exilio, ata que no año 1850 é amnistiado, retornando de novo ó servicio activo.
Ten una parte moi activa no Pronunciamento militar de xullo do ano 1854, o cal determinou o triunfo do Partido Progresista e o regreso de Espartero a España. Buceta é nomeado coronel, sendo destinado a desempeñar o cargo de Gobernador Militar da praza de Melilla. De novo as armas. Agora é en África onde o coronel Buceta logra importantes laudos combatendo ós rifeños, que o coñecían polo mote de "Farruco".
Ascende a brigadier, e ata 1857 permanece como Gobernador de Melilla, loitando ó lado do xeneral O'Donnell. Posteriormente pasa a Cuba, sendo nomeado Gobernador de Samaná na Illa de Santo Domingo, onde realizou unha moi importante labor entre a poboación indíxena. Alí fundou a poboación denominada "Flechas de Colón", contribuíndo á pacificación da provincia de Santiago de los Caballeros que estaba insurreccionada, desempeñando máis tarde o posto de Segundo Cabo da Capitanía Xeral de Santo Domingo.
En 1866 regresa a Madrid, e ó producirse o levantamento de 1868, Buceta está encarcerado en Peñíscola. Unha vez posto en liberdade é novamente destinado a Cuba, participando en varios feitos de armas, para posteriormente ser nomeado Gobernador militar de Málaga.
Cando se atopaba destinado en Xirona en 1873, foi arrestado polo Capitán xeneral de Cataluña, e posto en liberdade a comezos do ano seguinte.
En 1879 estando de comandante xeneral do Campo de Xibraltar é destinado á escala de reserva. Tres veces foi proposto para Tenente xeneral, pero dada a perseveranza e ardor con que sempre mantiña os seus ideais liberais, foi rexeitado o seu nome. Manuel Buceta del Villar falecería en Málaga, lonxe da súa Galicia natal, o 3 de febreiro de 1882.

(Revista nº1)

WEB construída a partir das revistas editadas pola Asociación Cultural DOMINGO FONTÁN

 

 

Hosted by www.Geocities.ws

1