Domingo Fontán

 

Páxina de Inicio

Cronoloxía da súa vida

Enciclopedia Galega

Cronoloxía do seu tempo

Os mapas de Galicia

Os seus mapas

Fotografías

Enlaces

Asociación Cultural

Árbore xenealóxica

Portas

ARTIGOS:

 

Romai e os seus monumentos históricos máis emblemáticos

Romai, nome que se debe á existencia dunha Vila romana, o núcleo de poboación do mesmo orixe (romano), non obstante hai que recoñecer que a primitiva poboación débese á existencia dun Castro Celta que coa chegada dos romanos a España polo ano 149-140 antes de Cristo, como consecuencia da derrota sufrida por Viriato en Numancia chega a primeira expedición ó mando de Decio e Julio Bruto no ano 138 antes de Cristo e considerando que os Celtas dos que procedemos, viñeron a España cara o século VI antes da Cristianización, establecéndose en Galicia entre outras ramas que non imos mencionar por non alargar o tema, os Cilenos que se sitúan entre os ríos Ulla e Lérez e por conseguinte en Portas, Romai e todo o val do Salnés ocupando os castros como vivendas que eles construíran na seu cume ben como defensa segundo uns ou morada habitual nas súas ladeiras ó deixar de practicar o nomadismo segundo outros. A chegada dos Romanos (sempre que cheguen en son de paz), supón para os Celtas submisión e acatamento que han de sufrir con resignación a preferir a guerra, resignándose a poboar a base do Castro que constituirá o primeiro núcleo de poboación compartido cos romanos, que respectarán as súas tradicionais costumes aínda que non a súa relixión que ha de se adaptar á que traen os romanos moi diferente á súa pero que aceptarán en algúns casos.
Podemos considerar a Romai Vello situado ó pé do Castro como o primeiro núcleo de poboación da parroquia onde os veciños encontraron no lugar de o Peso fai varios anos (1975-76) casualmente facendo buratos para plantar cepas e postes unha lápida dedicada ó Deus Cosus.

Aínda que na Epigrafía aparece un sen número de deuses de difícil interpretación, que puideran pertencer a clans locais ou de Castros Celtas, ou incluso preceltas segundo o historiador Vicente Risco.
O estudio da Ara aparecida en Romai realizado por D. Isidoro Millán e que está depositada no museo de Pontevedra e dedicada ó Deus Cosus, protector da agricultura (antes da guerra con Marte) e que no seu altar se colocaban durante as festas ramas de guirnaldas onde se realizaban ofrendas de froitos acompañados de abundantes libacións de viño, pode considerarse ó Deus Cosus, de orixe Celta, non así a ofrenda, dedicada a Cosus escrita en latín, o idioma que falaban os Romanos, pois os Celtas ignoraban a lectura e aa escritura. A inscrición que aparece na Ara segundo Isidoro Millán consiste unha ofrenda feita por Saego fillo de Víctor, que ofrecera a promesa ó Deus Coso

No lugar onde se encontrou o Ara existen outras pedras diseminadas que tiñan a finalidade de dedicarse ó culto pagán.
Se importante fora atopar o Ara dedica a Cosus, non o é menos o descubrimento de sepulturas unidas formando unha pequena necrópole situada na parte nova do cemiterio parroquial e que merece un estudio máis exhaustivo.
Segundo informes, nas proximidades da Igrexa parroquial encontrouse un sepulcro antropoide labrado en pedra que pertenceu a un gran xefe ou personaxe adiñeirado e hoxe se atopa situado o atrio parroquial.

 
 

Non imos rematar este pequeno traballo para a revista dedicada a Domingo Fontán sen antes recordar que a Igrexa Parroquial de San Xulián de Romai pertence ó estilo Románico, construída entre os séculos XII, XIII, que a ábsida sufriu algunha reforma, a fachada principal conserva o estilo orixinal aínda que nas tres columnas que sosteñen o arco da porta principal unha da parte dereita pertence ó estilo Salomónico, por algún accidente foi substituída sen ter en conta o arte orixinal. O rosetón da fachada principal foi substituído pola esfera do reloxo. A porta lateral dereita conserva o seu estilo románico aínda que na actualidade perdeu o seu uso, o resto do edificio consérvase en perfecto estado.
Imaxe pétrea que representa unha figura santoral con, marco de pedra tallada con distintas figuras imitando un retablo, consérvase no lugar de Porto do Salto na casa que pertence ó Sr. Troita. A imaxe feita en granito de difícil talla, pode pertencer ós séculos XVI ó XVII época na que alcanza o máximo esplendor o culto ás figuras sacras.

(Revista nº 2)

 

WEB construída a partir das revistas editadas pola Asociación Cultural DOMINGO FONTÁN

 

 

Hosted by www.Geocities.ws

1