Domingo Fontán

 

Páxina de Inicio

Cronoloxía da súa vida

Enciclopedia Galega

Cronoloxía do seu tempo

Os mapas de Galicia

Os seus mapas

Fotografías

Enlaces

Asociación Cultural

Árbore xenealóxica

Portas

ARTIGOS:

 

MIRAR POLA CULTURA É FACER PATRIA

Autor: José Luis Vila Fariña

Santa María de Portas é sen ningún xénero de dúbidas, unha das parroquias con máis prestixio histórico do mítico Val do Salnés, aínda que elo non sexa a espoleta que fixese espertar do seu letargo a aqueles dun ou doutro xeito manexan os fíos da nosa Cultura.
Unha terra que alumeou o xenio universal de Prisciliano, a quen Sánchez Dragó cualifica como o "único Cristo da nosa Historia"; a terra que foi berce dun dos máis arduos defensores do liberalismo decimonónico, tal foi Manuel Buceta Villar; a patria chica que produciu a todo un Domingo Fontán Rodríguez, o prodixioso autor do "Mapa de Galicia"; o lugar que foi motivo de inspiración para todo un xenio do arte pictórico, o recentemente malogrado Manuel Pesqueira, non pode ser, non é posible que esta zona estea somerxida no pozo do esquecemento, pois cada un destes personaxes por separado constitúe un alto orgullo para este recuncho de Galicia, ¡canto máis todos xuntos!.
Se chegaba a este año de 1988, cunha efemérides gloriosa para o Municipio de Portas: o nacemento en Portadeconde, o 17 de abril de 1788, do que chegaría a ser o xeógrafo por antonomasia de Galicia: Don Domingo Fontán Rodríguez.

Como se puido, salvando todo tipo de obstáculos créase a Asociación Cultural "Domingo Fontán" de Portas. Era o primeiro paso. As autoridades locais, vacilantes nun principio, danse conta da transcendencia do feito, e apréstanse a arrimar o ombro. A Deputación Provincial de Pontevedra concede unha axuda económica que serve para subvencionar o monumento do ilustre cartógrafo na súa aldea natal de Portadeconde. Cada vez os pasos son máis firmes.
O Instituto Xeográfico de Madrid, en cooperación co Museo de Pontevedra, outras institucións e algún particular, montan a gran exposición sobre "CARTOGRAFÍA DE GALICIA"que abarca desde 1.522 ata finais do pasado século. Un éxito rotundo do cal todo bo galego e español se congratula. O Edificio Sarmiento albergou estes mapas desde o 14 ó 30 de Abril. Próximos destinos e exposicións: Santiago, A Coruña e Madrid.
Agora Fontán gracias ás persoas e entidades que se molestaron en dar a coñecer a súa obra, xa non é un estraño. Os medios informativos, un tanto receosos e desorientados ó principio, comezan a interesarse polo personaxe. Non é moito que digamos o que de Fontán se comenta na Prensa, Radio e Televisión. Pero o pouco ben feito é moito, e prestixiosas plumas como as de Isaac Otero, Borobó e Antón Fraguas, enchen ese oco cultural dos nosos rotativos.
A xente fala de Fontán. ¿Qué fixo este señor para que o seu nome sexa agora venerado e recordado? Pois con pouco fixo moito por Galicia e España, cando moitos con bastante máis, nada fixeron nin por unha nin por outra. Moito e bo, podemos engadir nosoutros. Fixo e trazou, principalmente, o "rostro de Galicia". Montes, vales, ríos, mosteiros, pobos, cidades, etc., levou Fontán o seu marabilloso Mapa.
Pero Fontán non foi só cartografo. Se nada máis houbese realizado que a súa "Carta Xeométrica", este só traballo lle houbese valido o recoñecemento universal dos seus méritos e unha inmortal fama. Fontán tamén foi político, astrónomo, home de empresa, matemático, académico, etc..., aínda que por enriba de todos estes títulos logrados a pulso, soubo ser sempre unha gran persoa chea de cultura e de sinxeleza. Fontán foi o xenio e o padre á vez. O político que máis defende a Galicia en Madrid, e o sinxelo e austero camiñante que dorme baixo as estrelas, ou alóxase na humilde choza dos habitantes dos Ancares ou o Cebreiro. A todos transmite a súa chama, e de todos aprende, porque así é o xenio, la persoa humilde cinguida a un gran ideal que alenta a súa loita: Galicia.
¡Ninguén coñeceu Galicia como el! e sen temor a equivocarnos afirmamos, ¡ninguén a amou tanto como Fontán!, porque ninguén como el a puido coñecer mellor. ¡DEZASETE ANOS de ímprobos traballos e esforzos así o demostran!.

"Ollade o Mapa de Galicia". Se no voso espírito late un pouco de amor pola Terra de Breogán, non podedes mirar o rostro do País Galego, sen tributarlle un agradecido e emocionante recordo a este gran home, do que agora orgullosos celebramos o segundo centenario do seu nacemento.
Esta efemérides de Fontán, sen dúbida abrirá o camiño do "rexurdimento" cultural da parroquia e municipio de Portas. Así é de esperar. Hai moito, moitísimo que facer neste cometido. Aquel que ningún esforzo lle regateou a Galicia, ben merece que no seu nome se realicen todos os proxectos culturais desta bela zona do Salnés. E unindo a Cultura á Ciencia, ó coñecemento, ¿como non facer nosa así mesmo a idea de Borobó, cal é a de consagrar o Día do Natalicio de Fontán (17 de Abril) ós grandes científicos da nosa Galicia? ¿A qué se espera por parte dos nosos dirixentes culturais para celebrar con gran solemnidade e entusiasmo esta gloriosa data dos Anais da historia do País Galego?.
"Alguén comentará -escribe Borobó- que Galicia dou moitos menos eminentes homes de ciencia que inspirados poetas e excelentes prosistas. Tal vez sexa acertada esa opinión se ó número de escritores en galego -ós que en exclusiva se lles dedica o Día das Letras- se agrega o dos que escribiron en español, que tamén son de Deus e de Galicia. Pero, polo momento xa poden esperar os fantasmas do P. Feijoo, a Pardo Bazán, Valle-Inclán, Camba, Fernández Flórez, etc... a que se acorden deles.
E, descontados estes, o número de grandes escritores galegos tan só é equiparable ó de científicos de altura, para os que supoño que non habería discriminación lingüística ningunha. ¿Ou é que a CARTA XEOMETRICA é menos galega por non respectar exactamente a toponimia ENXEBRE?".

Máis adiante segue comentando este ilustre escritor: "... intentaré hacer una lista de los doce hombres de ciencia que podrían ser los titulares de los años que restan en este siglo, sin contar el actual, ya consagrado por mí a Domingo Fontán.
Podrían ser: Fray Martín Sarmiento, Rodríguez, el matemático de Bermés, Casiano del Prado, Ramón de la Sagra, Varela de Montes, Ramón Rúa Figueroa, Antonio Casares o su hijo José Casares Gil, Rodríguez Carracido, Roberto Nóvoa Santos, Alejandro Rodríguez Cadarso, Manuel Martínez Risco y Ramón María Aller. Ateniéndome estrictamente a las ciencias de la naturaleza, pues si me extendiera a las ciencias del espíritu, el número quizá fuese suficiente para colmar, junto a otros muchos científicos de ayer y de hoy que quedan en reserva, todos los años del próximo siglo"
.
¡Qué fermosa pléiade de nomes gloriosos se unen ó de Fontán! ¿Verdade que é incomprensible a actitude de aqueles que podendo facer moito pola nosa Cultura, pola nosa Ciencia, en resumen, pola nosa Galicia se deleitan na súa odiosa ociosidade cando tanto temos que facer pola Patria Galega?.
Ben dicía o "Inmortal Manco del Salnés", Don Ramón María del Valle Inclán que "mirar por la Cultura es hacer Patria": ¡Que pouco patriota existe se nos atemos ás palabras do noso inmortal escritor!


¡¡¡LOITEMOS!!!

 

WEB construída a partir das revistas editadas pola Asociación Cultural DOMINGO FONTÁN

 

 

Hosted by www.Geocities.ws

1