Domingo Fontán

 

Páxina de Inicio

Cronoloxía da súa vida

Enciclopedia Galega

Cronoloxía do seu tempo

Os mapas de Galicia

Os seus mapas

Fotografías

Enlaces

Asociación Cultural

Árbore xenealóxica

Portas

ARTIGOS:

 

O SEU TEMPO

Autor: José Luis Vila Fariña

12 de decembro de 1788. Carlos IV é proclamado rei de España.
14 de decembro de 1788. Falece Carlos III.
14 de xullo de 1789. Coa Toma da Bastilla en París iníciase a Revolución Francesa.
1792. A pesar da oposición do ministro Aranda, Godoy entra nunha coalición en contra da Revolución Francesa.
1796. Carlos IV crea o Corpo de Enxeñeiros Cosmógrafos do Estado, dándolles o encargo de formar a Carta Xeométrica do Reino.
1797. Os ingleses derrotan en San Vicente á escuadra española, cedéndoselles a Illa de Trinidad.
10 de novembro de 1799. Napoleón da en Francia o golpe do 18 de Brumario.
1801. Do 20 de maio ó 6 de xuño, a chamada "Guerra de las Naranjas" contra Portugal. Se nos proporciona a praza de Olivenza, comprometéndose os portugueses a cerrar os seus portos ós ingleses.
1803. Neste ano, pola Paz de Amiens, España recupera dos ingleses a Illa de Trinidad.
1806. Neste ano as tropas españolas rexeitan ás inglesas en Buenos Aires.
2 de maio de 1808. Comeza a Guerra de Independencia contra Francia.
12 de maio. Vilagarcía declara a Guerra a Francia.
19 de xullo de 1808. Os franceses son derrotados na batalla de Bailén.
20 de xullo de 1808. José Bonaparte entra en Madrid como Rei de España. En agosto gracias á Convención de Cintra, os franceses evacúan Portugal.
9 de xaneiro de 1809. Los franceses ocupan Lugo.
17 de xaneiro de 1809. As tropas napoleónicas instálanse en Santiago.
19 de xaneiro de 1809. Trala batalla de Elviña é ocupada A Coruña polos exércitos franceses.
21 de xaneiro de 1809. O Mariscal Ney en nome de José Bonaparte toma posesión do cargo de Capitán Xeneral de Galicia.
27 de xaneiro de 1809. Os franceses ocupan Ferrol.
20 de febreiro de 1809. Capitulación de Zaragoza.
4 de marzo de 1809. Un carruaxe francés escoltado por 400 homes das tropas de Soult son atacados na ponte Barosa (Caldas), perdendo os galos máis de 30 homes.
11 de marzo de 1809. Os franceses na comarca de Arousa.
22-3-1809. Os franceses evacúan Pontevedra.
28-3-1809. Rendición de Vigo ás tropas galegas.
12 de abril de 1809. Os franceses evacúan Tui.
9 de maio de 1809. Os franceses destrúen Portas.
7-8 de xuño de 1809. Batalla de Pontesampaio.
22 de xuño de 1809. Os franceses abandonan Galicia.
24 de outubro de 1810. Ábrense as Cortes españolas, ata febreiro de 1811 que se trasladaron a Cádiz.
19 de marzo de 1812. As Cortes de Cádiz promulgan a Constitución.
23 de febreiro de 1814. Fernando VII regresa a España.
21 de xullo de 1814. Fernando VII restablece a Inquisición.
19 de xaneiro de 1819. Falece en Nápoles o que fora rei de España, Carlos IV.
1819. Neste ano fúndase o Museo do Prado, inícianse os servicios regulares de comunicación interior, e restablécese a Compañía de Xesús.
11 de xaneiro de 1820. Riego e Quiroga proclaman en Cabezas de San Juan a Constitución de 1812.
1821. Regulamento de instrucción pública establecendo a uniformidade de ensinanza nos seus tres grados en todo o Reino.
El 7 de abril de 1822, o Duque de Angulema ó fronte dos chamados "Cien Mil Hijos de San Luís", cruza Bidasoa e penetra en España co fin de restablecer o Goberno absoluto.
O 1 de outubro Fernando VII é declarado rei absoluto, e no Porto de Santa María declara nulos os actos do Goberno Constitucional, e válidos os da Rexencia de Oyarzun, que estaba en Madrid desde o 25 de maio.
7 de novembro. O coronel Riego é aforcado na praza da Cebada en Madrid.
1824-1833. López Ballesteros, Ministro de Facenda de Fernando VII.
1825. O famoso Empecinado guerrilleiro da Guerra da Independencia é condenado a morte pola súa tendencia liberal.
31 de xullo. É aforcado en Valencia o "Maestro de Ruzafa" Cayetano Ripoll, última víctima da Inquisición en España.
22 de agosto. Por R. O. dese día firmada por Calomarde, foi "purificado", despois de haberlle rexeitado dúas instancias, en súplica da purificación, a Xunta de Santiago.
21 de decembro de 1929. En cuartas nupcias o rei Fernando VII casa con María Cristina de Nápoles.
1930. En marzo publícase a Pragmática sanción, que derrogaba o auto de Felipe V, que excluía ás femias do Trono, restablecendo a Lei de Partidas.
El 10 de outubro de 1930 nace a futura raíña Isabel II.
O ano de 1831 contempla os axustizamentos do xeneral Torrijos e de Mariana Pineda, polas súas tendencias liberais.
28 de abril de 1832. Por R. O. suprímese en España a execución por forca, sendo substituído pola de garrote.
15 de outubro. María Cristina amnistía ós liberais, exceptuando ós que conspiraran contra o Rey en Sevilla, e ós que se levantaran en armas contra el.
20 de xuño. O Xefe de Goberno Cea Bermúdez fixo xurar como Princesa de Asturias a Isabel na Igrexa de San Xerónimo.
29 de setembro. Falece Fernando VII.
3 de outubro. O administrador de Correos de Talavera álzase a favor do pretendente don Carlos. Dous días antes comezara as Guerras Carlistas.
24 de outubro. Isabel II herda a Coroa de España.
30 de novembro. A Raíña gobernadora María Cristina publica un decreto dividendo a España nas actuais provincias.
En 1834. En abril convoca Cortes, instituíndose dúas cámaras, a de próceres e a de procuradores.
17 de xullo. Matanza de relixiosos en Madrid.
21 de abril de 1834. R. O. dispoñendo os novos Partidos Xudiciais, con cesación dos alcaldes nas súas facultades de aquel carácter.
1 de decembro. É presentada ante a Raíña Gobernadora a Carta de Galicia.
1 de maio. Por R. O. créase a Escola Especial de Enxeñeiros Xeógrafos.
24 de xullo. No sitio de Bilbao falece o líder carlista Tomás Zumalacárregui.
1836. En agosto convócanse Cortes extraordinarias.
17 de outubro. Apertura das Cortes Constituíntes convocadas polo Goberno que presidía don José María Calatrava, saíndo Fontán elixido pola provincia de Pontevedra.
2 de decembro. No proxecto de recoñecer a independencia dos Estados americanos de España, e que chegou a ser Lei dous días despois, dicía que a emancipación dos Estados españois de América non lle producía orgullo senón pesar, pero que era de absoluta necesidade o recoñecemento da súa independencia.
24 de decembro. Espartero levanta o sitio de Bilbao.
Na sesión do 2 de agosto de 1837, celebrada pola Sociedade Económica de Santiago, don Antonio Casares, por aquel entonces Licenciado en Farmacia, e máis tarde Catedrático de Química e Rector da Universidade compostelán, lía o seu "Análise das augas minerais de Caldas de Reis e Caldas de Cuntis, coa enumeración das súas principais virtudes".
O 4 de novembro declárase terminada a lexislatura de las Cortes Constituíntes e a mediados do mesmo mes empezaban as Cortes ordinarias que duraron hasta o 1 de xullo de 1839, en que foron disolvidas. Nela saíu Fontán deputado polas provincias de Lugo e Pontevedra, pero escolleu esta..
O 31 de agosto de 1839, no Congreso de Vergara, depóñense as armas, finalizando a Primeira Guerra Carlista.
No mes de xuño de 1840, María Cristina renuncia á Rexencia e refúxiase en Francia. É nomeado Retente Espartero (1840-1843).
O 23 de novembro o ministro Manuel Cortina publica un decreto ordenando a formación dunha Comisión cartográfica, con ánimo unha vez máis, de realizar o famoso Mapa Nacional.
Neste ano e no de 1842 agudizouse a crise catalana, co conseguinte bombardeo de Barcelona a cargo de Espartero.
Con respecto ó Mapa Nacional, e por decreto firmado en 1843 polo político e xeógrafo don Fermín Caballero, ordénase a formación dunha comisión que se dedique á triangulación xeodésica da península, algo que non se leva adiante pola burocratización.
En maio de 1843, o levantamento de Narváez, consigue o derrocamento de Espartero, e o 10 de novembro Isabel II é declarada ós seus 13 anos maior de idade.
Os dous primeiros meses do ano 1844 transcorreron con sublevacións en Alacante e Cartaxena, e con algún movemento carlista no Maestrazgo. Por RR. OO. de 28 de marzo e de 12 de abril, referendadas por Mazarredo ministro da Guerra, créase o Corpo da Garda Civil.
En 1845 promúlgase unha nova Constitución (23 de maio), na que os deputados o son por cinco anos, desaparecendo a convocatoria automática y establecéndose un só foro.
Crises ministeriais a comezos de 1846. Sublevación en Galicia a cargo do Xefe do Estado Maior Solís, respaldada polo Xeneral Buceta (veciño de Fontán). Solís foi apresado, fusilándolle en Carral xunto a 12 capitáns e un coronel, mandando os soldados a presidio.
O 10 de outubro, Isabel II casa co seu primo Francisco Asís de Borbón.
En 1847 Inglaterra e España interveñen en Portugal para sufocar a insurrección que alí había, sendo invadido o país veciño por 20.000 homes ó mando de don Manuel de la Concha.
Ó ano seguinte, o 28 de outubro de 1848, inaugúrase a primeira liña férrea de España entre Barcelona e Mataró.
No ano 1853 comézase a triangulación xeodésica total da Península Ibérica.
O período de 1856 o poder está disputado ente O'Donnell e Narváez. Tras unha sublevación é disolvida a Milicia Nacional, e tamén as Cortes teñen que disolverse.
En 1857 Moyano crea a Lei de Instrucción Pública, e en novembro nace Alfonso XII.
En 1859 comeza a guerra de África.
O 26 de abril de 1860 termina a guerra de África.
O 4 de xaneiro de 1861, as Cortes toman en consideración unha proposta autorizando ó Goberno para que outorgue a Fontán, a Joaquín Caballero e a Inocencio Vilardebó a concesión dun ferrocarril de Santiago a Carril.

Autor: Xosé Lois Vila Fariña

 

WEB construída a partir das revistas editadas pola Asociación Cultural DOMINGO FONTÁN

 

 

Hosted by www.Geocities.ws

1